ACTUACIÓN DE MIGUEL ALVARIÑO NA COPA DO MUNDO DE MEDELLÍN

O tirador pontés Miguel Alvariño desprazouse esta semana a Colombia, para a disputa da segunda proba da Copa do Mundo de Tiro con Arco, a anterior fora en China.
Nas primeiras tiradas de 72 frechas quedou de 18º con 667 puntos, cuarto europeo. Moi ben tamén Juan Ignacio Rodríguez, 19º con 666, e 30º Antonio Fernández con 658. Catro coreanos estiveron entre os cinco primeiros, so o gran Brady Ellison se colou entre eles.
Esta actuación valeulles para quedar séptimos clasificados por equipos con 1991 puntos, so por detrás de Corea, India, China, Malasia, EEUU e Italia.
Pero non tivo ninguna opción Maikel nas eliminatorias, pasou exento a primeira rolda e na segunda caeu ante o alemán Skoeries, 47º da previa, por 0 a 6.
Antonio Fernández si tivo que disputar a primeira rolda que gañou 6-5 a O Brien de Perú, pero caeu ante o mexicano Juan René Serrano 5-6 na segunda.
Inmenso estivo Juan Ignacio Rodíguez, exento da primeira, e que gañou ó portugués Repas (6-2), ó colombiano Pineda (6-0), ó coreano Ku, terceiro nas previas, (6-5), para acabar caendo na quinta rolda, a de cuartos de final, ante o malayo Mohamad por un apretado 4-6, acabando na sexta posición. Final para a que clasificaron os coreanos Lee e Oh.
Na competición por equipos España venceu na primeira rolda de oitavos de final por 5-4 a Polonia, cun 28-27 no desempate, pero na fase de cuartos de final caeron inapelablemente ante a India por 0 a 6, acabando na oitava praza. Final que disputarán a propia India e a superpotencia Corea. EEUU e China polo bronce.
MED_DA1_8198-X2.jpg


Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios