ACTUACIÓN DE RAQUEL COA SELECCIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

A futbolista pontesa Raquel Bejar Castro tivo unha destacada actuación no Campionato de España, xa que a pesar de ser cadete de primeiro ano participou nos dous partidos nos que a selección galega cadete sub16 obtivo unha vitoria ante Canarias (1-0), e un valioso empate nos últimos instantes ante as Illas Baleares (1-1). A selección balear gañara o día anterior (3-0) a Canarias.
Raquel saiu no minuto 78´, como primeiro recambio, no encontro ante Canarias, precisamente sustituindo á xogadora do Orzán coruñés, Nerea, a autora do gol no 49´, cando se aproveitou dun balón en profundidade, gañandolle as costas ás dúas centrais, para prantarse soa ante a gardameta e marcar.
No segundo encontro adiantaronse as baleares no minuto 22´ por medio de Ainhoa Seguí, Raquel entrou como segundo recambio no minuto 53´, e a pouco do final, no 74´, nun despiste balear empataba a xogadora do Olivo vigués Cecilia conseguindo un punto que Galicia mereceu pola súa insistencia. Baleares e Galicia pasan así á segunda fase con 4 puntos, e Canarias con ningún.
raquel


A clasificación provisional segundo os meus cálculos está da seguinte maneira. Andalucía e Cataluña, 6 puntos; Baleares, Comunidade Valenciana , Madrid e Galicia, 4 puntos; A Rioxa, Castela León, Navarra, Murcia e Aragón, 3 puntos; Castela A Mancha e Asturias, 1 punto; e País Vasco, Canarias e Extremadura, 0 puntos.
Cabe recordar que na segunda fase, cos grupos aínda por sortear, as 16 seleccións participantes xogarán outros dous partidos, e na suma das dúas fases as catro seleccións con máis puntos serán as que clasifiquen para a Fase Final, que constará de semifinais e final.
Non tivo a mesma sorte o combinado galego xuvenil sub18 que empatou a 0-0 con Canarias e perdeu 0-1 con Baleares.
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
Fotos cortesía web El Correo Gallego e Web Fútbol Balear
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios