RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES. 21-23 DECEMBRO

O equipo de Terceira División acabou de forma xenial o ano 2012 vencendo en Somozas 0-2 no derbi, e xa conseguiu dous tercios dos puntos necesarios en principio para manter a categoría, 30 de 45, a falta aínda de un encontro para que remate a primeira volta, o día de Reis recibindo ó Compostela. Situase 5º por detrás de catro colosos, Ferrol (45), o propio Compostela e Celta B (34) e Deportivo B (33), e por diante do Pontevedra, entre outros. Xogou o As Pontes con Kiko, Esmorís, Nano, Chote, Rochela, Dani, Iván, Bossa, Arias, Cañizares e Domínguez, saíndo no segundo tempo Piña, Amado e Eloy. Marcou a pouco de rematar o primeiro tempo, Dani, tras rematar unha falta sacada por Bossa co seu “guante”, e a pouco de comezar o segundo período, Iván González, que leva tres xornadas seguidas marcando, anotou un golazo pola escuadra.
Moi ben tamén o segundo equipo de Iván Rodríguez, que quixo emular ó maior e venceu hoxe en Pardiñas por 1-3 ó Somozas B. Ascenden ata a acuarta posición con 27 puntos e situanse a dous do líder Miño, e a un de San Mateo e Neda, segundo e terceiro. Comeza o ano o As Pontes visitando ó antepenúltimo Xuventude Cabanas, onde tentarán lograr os tres puntos, anque non lles será nada doado.
Severo correctivo do equipo xuvenil que hoxe domingo pola mañá en vispora do Nadal perdeu en Coruña ante o Orillamar por 5-0. Pouco máis se pode dicir hoxe do equipo, que é noveno con 25 puntos. Dous equipos da comarca, Galicia de Caranza e O Val, con 36 puntos, despiden o ano en posición de ascenso a Liga Nacional. Precisamente o cadro valexo será o que visite o Poboado a partires do 2013, no que suporá o derradeiro encontro da primeira volta.
O equipo cadete perdeu 1-2 ante O Val, tanto de David Rey, que gañou nos últimos minutos e amosou no Poboado porque clasificou para a final de Copa por diante do As Pontes, que xa queda a cinco puntos do liderado que comparten Caranza e O Val con 12. As Pontes, terceiro con 7 puntos, inicia 2013 visitando ó Animas en Ferrol.
cadete


cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
Paso atrás do infantil que rematou o ano cun empate a 2-2 ante o Caranza B, doblete de Josiño, dous puntos perdidos moi agradecidos polo Racing de Ferrol, que se sitúa líder en solitario con 12 puntos, seguidos polos ponteses con 10. Na vindeira xornada xa no 2013 recibirán á Cultural Maniños. Iso si, os azuis para despedir o 2012 traen unha copa no saco de Papa Noel.
Moi ben o Alevín A que se impuxo 2-4 en Mugardos no inicio du Grupo A, e situase segundo por detrás do Narón BP. Na segunda xornada, xa no vindeiro ano, reciben ó Racing San Pedro B. Mentres, o Alevín B comezou gañando no Grupo D, 4-3 ó Xuventude Cabanas, tantos de Xoel Pena, Xan, Vicente e Xavi Gabeiras (foto), e na seguinte xornada visitará ó Cedeira C, momentáneo líder tras vencer 1-6 ó Cedeira B.
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
Contundente victoria do Benxamín A 8-0 ante o Meirás, póker de Joan con catro tantos (foto), dous de Jandro, e un de Javi e Adrián, co que lle arrebatou o primeiro posto ó equipo de Valdoviño, e remata o ano como líder do Grupo B, con 12 puntos, empatados cos verdes, seguidos de Neda e San Pedro con 10. Comezan ó ano visitando ó Caranza D. Non xogou o Benxamín B ante o San Pedro B.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
O Prebenxamín A empatou 1-1 en Sinde ante O Val, gol de Anxo Rey, e consegue o seu primeiro punto neste Grupo A tras tres xornadas. Na seguinte reciben ó Galicia de Mugardos. O Prebenxamín B perdeu 0-12 ante o Numancia de Ares, líder do grupo B, e con un punto no seu casilleiro tentarán comezar con mellor pé o ano 2013 na súa visita a San Sadurniño.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
O CLUB DEPORTIVO AS PONTES AGRADECE A AXUDA E COLABORACIÓN DOS SOCIOS, SIMPATIZANTES, COLABORADORES, ASÍ COMO DAS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS Ó MESMO TEMPO QUE DESEXA A TODOS UN BO NADAL E UN FELIZ E DEPORTIVO ANO 2013.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios