Amigus
As Pontes

Adaptación da Central Térmica

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[RTVi-As Pontes] Endesa comezará este mesmo ano coas obras de adaptación da Central Térmica das Pontes para consumir exclusivamente carbón importado. A empresa xa solicitou a licencia municipal no concello, e durante estes días o proxecto técnico para esta actuación está en exposición pública, e calquera persoa interesada pode examinalo na secretaría do concello e tamén formular reclamacións ou observacións.


O obxectivo desta actuación é modifica-las caldeiras dos catro grupos para que poidan queimar unicamente o carbón importado de Estados Unidos e Wyoming. Isto ven motivo, por unha banda, polas novas directivas sobre limitación de gases contaminantes, e tamén polo esgotamento da mina. Aínda que neste último caso, tamén hai que indicar que a empresa pechará a explotación no 2007, polo tanto un par de anos antes do previsto inicialmente.
NO ano 2008 entrará en vigor a nova directiva europea que limita as emisións en grandes instalacións de combustión. A central térmica das POntes deberá reduci-la expulsión de xofre a 400 miligramos por metro cúbico, cando actualmente eses límites sitúanse nos 10.800 miligramos. Endesa xa tivo que acometer obras de adaptación nos grupos entre os anos 93 e 96, nese momento para permiti-la mestura do lignito importado có local, durante ese mesmo periodo tamén se acometeron novas infraestructuras de descarga e manexo de carbón importado no porto de Ferrol e no parque de Saa. Dende o 1 de agosto do ano dous mil quedou fixada a potencia eléctrica unitaria dos catro grupos da central, que se sitúa como media nos 367 megawatios.
As obras que se realizarán a partir deste ano consisitirán na adaptación das caldeiras para utilizar carbón importado exclusivamente, có que se cumprirán os límits de emisión de xofre e outros contaminantes. Tamén haberá unha mellora nos precipitadores electrostáticos que reducirán a expulsión de partículas, e ó mesmo tempo faranse outras modificacións nos parques de carbón da central e de Saa. Segundo o proxecto presentado por Endesa, lograrase unha reducción dun 10 por cento na emisión de CO2, un dos gases causantes do efecto invernadoiro; e será do 95 por cento na expulsión de xofre, e un 48% na emisión de partículas.
A programación prevista contempla que deica o ano 2008 a central consuma todo o carbón local posible, o que indica que a mestura entre o lignito e o carbón importado andará no 50%. As obras de adaptación do primeiro grupo da central comezará a finais deste mesmo ano ou comezos do próximo, e neste caso levarán máis tempo que o resto de grupos, xa que faranse coma un traxe a medida, é dicir, haberá que ir axustado e facendo probas para comproba-lo mellor rendemento, e logo trasladarase esta experiencia ó resto de grupos.
En todo caso, o periodo de parada rondará os tres ou catro meses. Prevese rematar no ano 2008 con todas estas obras, que permitrán que a vida da central se alongue por uns 20 anos. En canto ó orzamento previsto, Endesa gastará nesta adaptación máis de 100 millóns de euros.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios