Adrián López, convocado coa Selección Galega pra xogar o partido contra Chile

[riazor.org, por Daniel Méndez] Os adestradores dos combinados masculino e femenino das seleccións galegas de fútbol deron hoxe (por onte) a lista de convocados para os partidos do 27 e 28 de decembro, respectivamente.


A selección masculina, dirixida por Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez, enfrontarase a Chile o próximo 27 de decembro no estadio de Riazor no que será unha nova festa para o fútbol galego a finais de ano.
No 2005 empezou o periplo do combinado galego como conxunto contra outro equipo latinoamericano, Uruguai, en San Lárazo. Un ano despois, seguiría Ecuador a experiencia dos veciños celestes en Riazor. O último encontro xogado ata a data de hoxe foi en Balaídos contra a selección africana de Camerún.
Pola súa parte, o combinado femenino enfrontarase a Euskadi en Pasarón o vindeiro 28 de decembro. Pilar Neira, que segue ó fronte da nave, elixiu ás protagonistas.
Convocatoria selección masculina:
– Diego López (Villareal)
– Roberto Fernández (Osasuna)
– Iago Bouzón (Recreativo de Huelva)
– Roberto Lago (Celta)
Adrián López “Piscu” (Deportivo)
– Francisco Noguerol (Celta)
– Michel Salgado (Real Madrid)
– Jonathan Aspas (Piacenza)
– Luis Castro, “Sito” (Salamanca)
– Borja Fernández (Valladolid)
– Ricardo Cabanas (Grasshoppers)
– Pablo Álvarez (Deportivo)
– Julio Álvarez (Almería)
– Fernando Macedo, “Nano” (Racing de Ferrol)
– Roberto Trashorras (Celta)
– Iago Falqué (Juventus)
– Emilio Viqueira (Recreativo de Huelva)
– Borja Oubiña (Celta)
– Roberto “Chino” Losada (Lugo)
– Diego Castro (Sporting de Xixón)
– Jonathan Pereira (Racing de Santander)
– Nacho Novo (Glasgow Rangers)
Convocatoria selección feminina:
– Ana Rosa Durán (Olivo)
– Cristina Lago (Olivo)
– Carla González (Pontevedra)
– Verónica Boquete (Espanyol)
– Mónica Naval (Atlético Arousana)
– Carolina Baños (Atlético Arousana)
– Mirian Ríos (Orzán)
– Sara González (L´Startitt)
– Mirian Domínguez (L´Startitt)
– Mari Paz Vilas (Barcelona)
– Vanesa Hermida (Espanyol)
– Joana Montouto (Espanyol)
– María Teresa Soage (Pontevedra)
– Victoria Vázquez (Olivo)
– Rita Lema Traba (Galicia Gaiteira)
– Anair Lomba Álvarez (Olivo)

También podría gustarte
Comentarios