Adxudican a obra da autovía entre Espiñaredo e As Pontes

Lendo diariodeferrol.com:
“Política Territorial adxudicou as obras do tramo de autovía Ferrol-Vilalba entre a zona de Espiñaredo e o núcleo de As Pontes. A licitación da obra realizouse dividida en dous subtramos, de forma que agora os traballos entre Espiñaredo e Saa executaraos a unión temporal de empresas formada por Corsán-Corvián e Taboada e Ramos, mentras que a actuación entre Saa e a vila pontesa será asumida pola constructora F. Gómez. A inversión conxunta para ambas actuacións -en total son 6,8 kilómetros- ascende a 24,8 millóns de euros.”…


…”Para a construcción entre Espiñaredo e Saa realizaranse 331.492 metros cadrados de desbroce, 1,4 millóns de metros cúbicos de excavacións e outros tantos de terraplenes e extenderanse 79.000 toneladas de asfalto. Nesta obra construirase un enlace, tipo glorieta inferior, á altura de Saa, que permitirá conecta-la autovía coas estradas Goente-As Pontes e Igrexafeita-Vilalba.
Polo que respecta ó trazado entre Saa e As Pontes, realizaranse 912.000 metros cúbicos de excavacións, 498.000 metros cadrados de terraplenes e usaranse 59.000 toneladas de asfalto.
A Xunta sostén que ó longo deste ano licitaranse os dous tramos que quedan: As Pontes-Cabreiros e Cabreiros-Vilalba.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios