Amigus
As Pontes

Alcaldes das Pontes, por Xosé Manuel Ribeira

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Nacín en Viveiro e son pontés por elección e quero dar a miña modesta e libre opinión sobre o libro que se publicou acerca dos alcaldes, poñendo xa como punto partida que debe sacárselle protagonismo a esta fingura —as persoas a nivel individual canto menos poder mellor, porque despois pasa o que pasa— e recoñecer o poder municipal da corporación, onde está a representación de tódolos veciños. A política tense que facer máis horizontal para que sexa unha democracia participativa e non de representación.
Cando se escribe un libro tense que ser cuidadoso co que se escribe, consultar as fontes e copiar menos, porque xa está ben de tanta mentira e tanta falta de respecto para a xente que dignamente defendeu a república incluso perdendo a vida como forma de vivir en democracia, que nos foi roubada cun golpe de estado militar , que aínda algunhas organizacións politicas non condenaron.
Neste libro a uns alcaldes adícaselle unha ou dúas follas sobre o ben que fixeron, pero non a outros. Cando se fala de D. Manuel Veiga apenas media folla non se fai ninguna mención sobre o seu artigo ‘La iglesia no habla el idioma de los gallegos’, que foi multado con 50.000 pesetas, nin sobre a placa que puxo nunha rúa das Pontes co nome de Castelao, que Manuel Fraga mandou retirar.
E a miña máxima indignación chega cando leo que ao alcalde despois do republicano D. Xose Vilaboy se lle reconoce un mérito porque nas festas do Carme do 1936 púxolle resistencia a uns mineiros que viñan de Viveiro «co obxetivo de saquear as Pontes» e non llo permitiu. Esto está recollido no libro da historia de Puentes escrita por D. Enrique Rivera Rouco, que seguramente lera no libro ‘Galicia y el movimiento nacional’ publicado polo crego M.Silva Ferreiro en 1938, obra que non pasa de ser máis cunha exaltación grandilocuente do golpe militar do 36 .
Compre matizar que ese día estivo nas Pontes unha columna motorizada de obreiros viveirenses, organizada polos sindicatos que se dirixía á Coruña para defender ao goberno legal da República, logo do chamamento de auxilio do goberno civil, manténdose nas Pontes durante un corto período co obxecto de repoñer combustible, en actitude pacífica, como proban os centros de causas instruidas posteriormente polos militares sublevados contra moitos dos participantes, sen referencia algunha a ningún proxecto de saquear.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios