ALEX CABARCOS CONVOCADO POR TERCEIRA VEZ COA SELECCIÓN GALEGA SUB18

alexcabarcos.jpgO futbolista pontés do xuvenil de Liga Nacional, Alex Cabarcos Souto, foi convocado pra unha nova xornada de adestramentos que terán lugar no campo ferrolán da Gándara o vindeiro mércores 9 a partir das 15:30. Esta cita ademáis é importantísima porque será a derradeira antes de coñecer a lista defintiva de 18 xogadores que representarán a Galicia na segunda fase do Campionato de España.
Torneo no que Galicia non pode aspirar a clasificarse entre os catro semifinalistas, pois na primeira fase perderon con Aragón (1-3) e Andalucía (0-4), pero tentará despedirse da mellor forma posible triunfando no País Vasco, sede desta segunda fase, ante Ceuta e Murcia, os rivais os días 18 e 19.
Caras coñecidas nesta convocatoria, o internacional sub19 cun ano menos, pretendido polo Manchester City, o central Pablo Insua, o dianteiro internacional sub17 do ano pasado que debutou co Depor en Copa, Iago Beceiro, e o lateral dereito internacional sub17 Jonathan Castro. Tamén están Pablo Calviño e Javier Vispo do Racing de Ferrol e o cedeirés Alberto Rey.
Non acudirán á convocatoria o media punta celeste Denis Suárez e o porteiro deportivista David Gómez, pois ambos estarán esta semana en Madrid, no último entrenamento da selección española sub17, oito veces campiona de Europa da categoría, antes de coñecerse a convocatoria definitiva de 18 xogadores que acudirán con España ó PreEuropeo Sub17 que disputarán en Bélxica o país anfitrión, Irlanda do Norte, Inglaterra e España do 26 ó 31 de Marzo. Os tradicionais sorteos pouco afortunados da UEFA fixeron que os dous finalistas do ano pasado (ingleses e españois) coincidan no mesmo grupo, e so o gañador do grupo se clasificará pra a Fase Final do Europeo Sub17 Serbia 2011, no que os seis primeiros clasificados obterán asimesmo billete pra o Mundial Sub17 México 2011.


Tamén adestrará ese día a selección galega sub16, que esta si ten máis posibilidades de clasificarse pra semifinais despois de vencer na primeira fase a Andalucía (3-2) e empatar con Aragón (1-1). De gañar nesta segunda fase a Ceuta e Murcia seguramente estarán nas semifinais. Neste equipo hai dous xogadores do Racing de Ferrol, e catro internacionais sub16, Rubén Blanco, Fernán Ferreiroa, Roberto Suárez e Tomás Abelleira (fillo do adestrador Milo)
Os convocados na galega sub18 son:
RC Deportivo de A Coruña: Álvaro Lemos, Pablo Insua, Iago Beceiro, Álvaro López, Álvaro Queijeiro
RC Celta de Vigo: Alberto Rey, Jonathan Castro, Kevin Vázquez, Alfredo Navarro
Racing Club de Ferrol: Pablo Calviño, Javier Vispo
Pontevedra CF: Eugenio Cameselle, Javier Pazos
Montañeros BG: Javier Fuentes, David Remeseiro
Victoria CF: Iván Patiño
Pabellón Ourtense: Jose Miguel González
CD As Pontes: Alex Cabarcos Souto
Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios