ALEX CABARCOS E A SELECCIÓN GALEGA PERDEN A FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA NOS PENALTIS

A selección da Comunidade Valenciana proclamouse hoxe campiona de España de seleccións xuvenís sub18 tras vencer nos penaltis, 4-2, deixando coa mel nos beixos ó combinado galego, logo de rematar o encontro con empate a 1-1.
Comezou o partido con gol da selección valenciana, que marcou por medio de Lucas Torró, do Alcoiano, no minuto 14´, e asi acabou a primeira metade. A pouco de comezar o segundo tempo, empatou Galicia por medio dun bo tanto de falta do xogador do Racing de Ferrol, David “Jason” Remeseiro no 48´. Galicia dominou máis neste segundo período pero o marcador non se moveu ó igual que durante á prórroga.
alex_1.jpg


Chegouse á fatídica lotería dos penaltis e aqui os da Comunidade Valenciana estiveron máis atinados, levando o trofeo á casa. Marcaron por eles Cámara, Salom, Vicente e Diego López o último, fallando Cifu o cuarto, pero por Galicia, a pesar de que marcaron Goldar e Varela, fallaron Fariña e Remeseiro, polo que o quinto penalti lanzado polos valenciáns resultou decisivo.
Brillante papel de Galicia que gañou sucesivamente na primeira fase ó País Vasco (1-0), Extremadura (4-2), na segunda rolda a Aragón (4-1), empate con Cataluña (0-0), pra chegar á fase decisiva derrotando a Cataluña a domicilio (1-0), pra acabar sucumbindo ante a Comunidade Valenciana únicamente na quenda de penaltis.
O pontés Alex Cabarcos, co que intentaremos falar nos próximos días, xogou os 90 minutos nas semifinais e na final, dun equipo galego que xogou con David Gómez, Marcos González (Emilio Abal (45´), Alex Cabarcos, Jorge Callón, David Goldar, Sergio González, Jordán Domínguez, Jose L Varela, JuanPa Barros (Eloy Fariña 69´), Brais Abelenda (David Remeseiro 36´), Dani Iglesias (Karim Herrero 61´).
alex_1.jpg
alex_1.jpg
alex_1.jpg
alex_1.jpg
Fotos cortesía Federación Catalana de Fútbol
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios