Amigos do Teatro

O grupo “Amigos do Teatro” formase nunha iniciativa duns afeccionados ao teatro, baseándose na idea de que se podía tentar levar a diante o comezo de actividades teatrais na Vila de As Pontes. O primeiro paso dáse a traveso dunha divulgación espallada entre amigos e coñecidos, mostrándose interesados na iniciativa 24 persoas de distintas idades.


As actividades comezaron baixo a dirección de Marga Rodríguez, a finais de xaneiro do 1999 para o que se elixe a obra de Alfonso R. Castelao “Os vellos non deben de namorarse”.

AmigosTeatro-01.jpg

Catro meses despois fíxose a súa estrea con motivo do día das “Letras Galegas” tendo un grande éxito de obra e de xente, tendo que facerse unha segunda representación o día 5 de xuño dada a grade afluencia de público.
Despois destas datas, o grupo comeza unha serie de representacións po-las provincias de Lugo e A Coruña. Ata esa data, levaban 12 representacións, do que se senten moi satisfeitos, dado o traballo realizado, así como tamén lles enche de ledicia a acollida do público.
O grupo “Amigos do Teatro” foi finalista no concurso “Cabanateatro Abril -2000” no Concello A Cabana, de Bergantiños, acadando o 3° Premio po-la obra “Os vellos non deben de namorarse”, así coma o 1° Premio á mellor actriz dos tres grupos finalistas, Lidia Gómez.
AmigosTeatro-02.jpg

O grupo presentou o seu 2° traballo coa estrea da obra “Menciñeiro a paos” o día 27 de maio del 2000 co gallo do 1° Certame de Teatro Afeccionado de As Pontes de Gª Rodríguez, no que colaborou a Concellería de Cultura. Dada a afluencia de público o día da estrea, e por esgotamento de asentos, fíxose unha reposición da obra o día 18 de xuño do 2000.
NOMES DOS COMPOÑENTES:
Servando Filgueiras;
Olga Chamosa;
Isauro Rodríguez;
Xosé Manuel Felpeto;
Marisa Santamarina;
Manolo Calvo;
Carmen Cabarcos;
Manolita López;
Angeles Gabeiras;
Xosé Antonio Salvatierra;
Xosé Luis Fernández;
Luci Cabarcos;
Encarna Castro;
Mari Carmen Landázuri;
Mª Luz Caaveiro;
Yolanda Lozano;
Xosé Fraga;
Cruz Rodríguez;
Mari Carmen Rouco
Anxo Alonso.
Directora: Marga Rodrígue
Grupo ” Amigos do Teatro”
As Pontes (A Coruña)

También podría gustarte
Comentarios