Mª Lourdes Acera Olaso – Pintora

Nace en Durango, (Biscaia); en 1969, no 1993 trasladase a As Pontes por motivos de traballo. Cursa estudios de Belas Artes na Universidade do País Vasco realiza cursos centrados en actividades do seu interese, como a plástica infantil, talla de madeira e alabastro, de activación da creatividade, etc.


Tamén participa en eventos onde se relaciona con outros artistas coma o Taller Pablo Ruiz Picasso, dirixido por Juan Genovés e organizado po-lo Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa de A Coruña no 1999, na “I y II Xuntanza de Xoves Artistas” no 1998 e 1999, nas Feiras de Debuxo e Gravado de Lugo e A Coruña e por último como e natural, en exposicións da súa obra.

Jardinmujer-1

A pintura de Lourdes Olaso, por: Marian Sanz Fernández “Lines”, Pintora.
A súa traxectoria artística comezaba reflectindo un surrealismo daliniano, onde o elemento muller era unha constante. Pouco a pouco e baixo a admiración de artistas como Kandinosky ou Matisse esta pintora foi atopando unha forma mais persoal de expresión. Onde o seu estandarte e a cor.
Jardinmujer-2

Unha cor vibrante, directo e cheo de forza. Son as súas vistas aéreas de xardíns e cidades todo un recital de formas e cores. Xardins lúdicos salpicados de elementos para descobrer.
Unhas vistas aéreas que difícilmente descubriremos a vista de paxaro senón so posibles planeando polo seu mundo imaxinativo. A súa obra e figurativa, chea de cor e expresión que transmite un amor po-la natureza e optimismo po-la vida.
Jardinmujer-3

Repite certos elementos, pedras, froles, auga… que poden facer parecer as súas obras moi semellantes, pero onde o espectador percibe mil e unha diferencias. Cada parcela está tratada con distinta cor e formas. Unhas son planas, noutras percíbese a pegada do pincel. Toda unha variación que enriquece o cadro e a imaxe.
Sinfonia natural-Otoño

No só e a cor o elemento plástico que utiliza, tamén nas súasNestes últimas obras aparece a colaxe (teas, papel, carbón, cordas,…) onde se quere dar importancia as distintas texturas. Néstes casos son motivos musicais os que levan a Olaso a investigar con novos elementos plásticos. En definitiva, unha artista a que non lle faltan inquedanzas nin aptitudes para sorprender coa súa imaxinación.
Sobre Violeta

Formación e estudios:
-Licenciada en Belas Artes na especialidade de restauración po-la Universidade do País Vasco,
en Xuño de 1992
-“II Minicurso de activación da creatividade a distancia” da Universidade de Santiago de
Compostela en 1998.
-XIV Curso de verán de estampa contemporánea da Universidade de Santiago 1998 de litografía
en pedra e metais.
-Taller Pablo Ruiz Picasso, dirixido por Juan Genovés e organizado po-lo Museo de Arte
Contemporáneo Unión Fenosa de 1999.
-Curso de talla en madeira e restauración de mobles da asociación de veciños de As Campeiras,
(As Pontes) del 2000.
-Curso de escultura celta en alabastro, impartido por Eadhmonn “Condros” e organizado po-lo
axuntamento de As Pontes, 2000.
Violin y Violetas

Exposicións:
Individuais:
1992 – Aula de cultura Indarra de Galdácano, (Biscaia)
1995 – Mercado Vello de As Pontes, (A Coruña).
1997 – Centro cultural Carbalho-Calero de Ferrol(A Coruña). -Axuntamento de Pontedeume,
(A Coruña).
1998 -Tenda musical “Preludio” de As Pontes, (A Coruña).
1999 -Banco de Crédito Agrícola de Lesneven, (Bretaña-Francia). -Estudio de arquitectura
SSGV en Poio, (Pontevedra).
Violin y Violetas-Madera

Colectivas:
1996 -“II Certame Galería Burela” de Burela, (Lugo)
1997 -Asociación artistas biscaínos, sala Juan Larrea Bilbao, – Concurso de pintura “Bello Piñeiro” de Mugardos, (A Coruña). -“ANACOS”, sala Mercado Vello de As Pontes, (A Coruña);
1998 -“Tres artistas”, sala Juan Larrea de Bilbao(Biscaia); -“III Certame Galería Burela” de Burela, (Lugo); -Mostra “Artxove” de Pontedeume, (A Coruña); -Concurso “Bello Piñeiro” de Mugardos, (A Coruña); -“ANACOS”, sala Mercado Vello de As Pontes, (A Coruña);
-Asociación artistas biscaínos, axuntamento de Erandio, (Biscaia); -XI Certame “Lugonova”, axuntamento de Cervo, (Lugo).
1999 -IV Mostra “Artxove” de Pontedeume, (A Coruña); -IV Certame “Galería Burela” de Burela, (Lugo)
2000 -V Mostra “Artxove” de Pontedeume, (A Coruña); -V Certame “Galería Burela” de Burela, (Lugo); -“Pezas fronte a un imán”, auditorio Caldas de Reis, (Pontevedra); -“ANACOS”, sala Mercado Vello de As Pontes, (A Coruña); – Seleccionada XVII Certame de pintura “Concello de Cambre”
Premios:
-Primeiro premio de pintura no V Certame “Galería Burela”, de Burela, (Lugo) no ano 2000.
Datos de interese:
-Asistencia as “I y II Xuntanza de Xoves artistas” organizadas por la Xunta de Galicia en Gandario, (A Coruña) en 1998 y 1999.
-Colaboración na decoración del pub “Kasa Dihox” de As Pontes, (A Coruña).
-Participación nas Feiras de Debuxo e Gravado de Lugo en 1998 y 1999 e A Coruña en 1998.
-Xurado no concurso fotográfico “Ceiba as túas fotos” de As Pontes, (A Coruña),
-Curso “Plástica en primaria” organizado po-lo centro de formación continuada do profesorado de Ferrol, (A Coruña).
Experiencia profesional:
-De 1993 a 1997, profesora nas disciplinas de Debuxo Técnico, Deseño e Artes Plásticas no Colexio Nebrija-Pardo Bazán de As Pontes, (A Coruña) nos cursos de 5º, 6º, 7º y 8º de E.X.B; lº de E.S.O. y lº, 2º y 3º de B.U.P. y C.O.U.
-Dende 1997, dirección artística dun estudio de debuxo e pintura, coa realización de unha exposición de fin de curso.

También podría gustarte
Comentarios