Amigus Kids Labs • Arduino Day 2020

En Amigus Labs retomamos as actividades e celebraremos o taller que tiñamos planeado realizar o pasado 20 de marzo os próximos sábados 4 e 11 de xullo de 10:30 a 13:30 no local da Asociación, Praza do Hospital 14, As Pontes.

O obradoiro para nen@s de iniciación ao Arduino e a robótica, unha forma práctica e divertida de coñecer Arduino e as posibilidades que ofrece.

Durante 6 horas, os nenos aprenderán a programar en Arduino, a desenvolver os seus primeiros programas e proxectos, entre eles fabricarán robots peleones e elementos dunha cidade intelixente.

Horario: De 10:30 a 13:30 h: Amigus Labs Kids – Obradoiro de iniciación a Arduino e a robótica.

A idade para participar no taller é de 6 a 12 anos. Cada neno terá á súa disposición un equipo informático así como todo o material para realizar os proxectos. Se algún quere usar o seu propio computador pode traelo.

A actividade e gratuita para os fillos dos socios de Amigus Labs e de 10€ para non socios.

También podría gustarte
Comentarios