Amigus Kids Labs • Campamento´22

Do 1 ao 5 de agosto no Lar de Endesa de As Pontes en horario de 9:00 a 14:00. Está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos.

A Asociación Informática Amigus organiza en colaboración con CIENCIA KIDS®, un campamento de ciencia e tecnoloxía, con obradoiros de robótica, programación, impresión 3D, reciclaxe e reparación de equipos electrónicos, electrónica, cocinando ciencia e o venres o planetario 360º.

Talleres participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos de 6-16 anos. Coa realización destes talleres de ciencia búscase proporcionarlles aos mozos a unha base dun pensamento lóxico deductivo. Desenvolvendo iniciativas que espertan o interese pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade.

Actividades interactivas onde se farán experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poden levar a cabo. Coa realización destes experimentos foméntase o traballo en equipo, a elaboración de hipótese e a experimentación con materiais, para despois desenvolver pensamentos que boten á luz o que sucede e así reflexionar sobre os resultados.

Tedes toda a información e inscrición en www.amiguslabs.org/campamento22

También podría gustarte
Comentarios