Amigus Labs estará no Invasion Day de Ferrol

Seis naves espaciais aterrarán en Ferrol o vindeiro día 13 de maio, cada unha con novas tecnoloxías para #aprender e #xogar: Fabricación3D, Minecraft, Robótica, Creación de Videoxogos3D, e unha proposta de “Do It Yourself” para os que teñen espíritu inventor. Tamén haberá un circuíto de drones de carreiras.

Todas as actividades se desenvolverán baixo diferentes carpas situadas dentro do barrio de A Magdalena, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Membros de Amigus Labs mostrarán as suas últimas creacións na zona DIY e Arduino: desde recreativas, drons, pizzarras e brazos robotizados. Tamén explicarán o funcionamento do Fab Lab, e como é o proceso desde a idea ata chegar á produción final.

Promoven CCA Ferrol A Magdalena e Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas, co apoio do Concello de Ferrol e a Dirección Xeral de Comercio.
Organizan Espacio Vivo e Trainnova

Colaboran: Don Bodas, Tábano FPV team. Drones/ innovación/Galicia, TIC Ferrolterra, AjeFerrolterra, Cofer, Error! Ferrol J.Rilo , Asociación Gaikai, Asociación Informática Amigus, Kilo3D, Explorer 66, Legonaron TODO OCIO Education, Error! Ferrol, Asociación Gaikai

También podría gustarte
Comentarios