Amigus Labs • Workshops´18

Durante esta fin de semana avanzamos no desenvolvemento de varios dos proxectos que estamos a realizar este ano en Amigus Labs.

Un deles, xa en fase de acabao foi Amigus Labs • Pixel (o noso “Tetris” xigante), unha pantalla formada por 200 Leds de 120x80cm. A estrutura é de contrachapado cortado en laser e os led están controlados desde un Arduino Mega. Estamos agora desenvolvendo o joystick que se comunicará por bluetooth co Mega para manexalo. Será un dos proxectos que mostremos na Oshwdem en A Coruña no museo Domus o próximo 10 de novembro.

Tamén estamos a empezar a fabricar un escáner 3d partindo dunha kinect 2 e unha Raspberry Pi 3b+.

Ademáis aproveitamos as dúas xornadas para avanzar no deseño da impresora de Amigus Labs, e actualziar as nosas impresoras co novo Marlin e drivers silenciosos TMC2130.

As próximas fins de semana seguiremos utilizando a sala de exposicións de Lareira para acabar os proxectos, sempre que este dispoñible. Xa vos avisaremos os que vaiamos estar para que vos poidades achegar e animarvos a participar nestas xornadas de traballo.

Máis información en http://www.amiguslabs.org

También podría gustarte
Comentarios