Antes do vindeiro verán estará rematado o acceso ó polígono pontés dos Airíos

Lendo diariodeferrol.com:
“O conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte que o departamento autonómico que dirixe vai a invertir nas Pontes máis de 200 millóns de euros para mellora-las comunicacións deste concello co resto da comarca do Eume, así como con Cantabria, a meseta e o Eixo Atlántico.”…


…”Estas afirmacións fíxoas no transcurso da súa visita de onte ás obras do acceso ó polígono dos Airíos. O alcalde, Víctor Guerreiro, e o delegado provincial da Consellería, Xesús Almuiña, acompañárono nos seus actos.
A obra en execución supón a creación dun trazado de 1,3 kilómetros de lonxitude, cunha inversión de 610.000 euros, e beneficiará ós máis de 1.800 vehículos que se estima que se desplazan cada día ós Airíos, dos que boa parte -máis de 140- son transportes pesados. Por elo, a nova variante estará dotada, en case que todo o seu recorrido, dun carril para a circulación lenta. Os traballos estarán rematados antes do vindeiro verán.
O conselleiro aproveitou a ocasión para lembrar de novo as actuacións en vías de desenvolvemento tanto ó amparo do Plan Galicia como ó marxe deste, que estarán rematadas no 2006.
Así, destacou a conexión entre a estrada de Ortigueira a As Pontes coa autovía Ferrol-Vilalba; falou do enlace das vías Cabanas-As Pontes (AC-141) e a N-651 ó seu paso por Fene coa AP-9 en Vilar do Colo, e mencionou os tramos da autovía Ferrol-Vilalba entre Espiñaredo, As Pontes e Cabreiros, nos que se inclúe a circunvalación sur ó núcleo pontés.
Núñez Feijóo destacou que está prevista a duplicación do solo industrial no Eume, para pasar de 4 a 8 polígonos e de 713.668 metros cuadrados a 2.125.668.
Pola súa parte, o alcalde, Víctor Guerreiro, anunciou que está rematada a adquisición do solo para amplia-los Airíos, incidiu na necesidade de aportar máis cartos para acelera-las diversas obras en curso, e pediu un reparto máis equitativos dos fondos do plan da minería, xa que o 10% anual que debería chegar ás Pontes vese mermado por desvíos a outras comarcas, situación que achacou ó escaso peso político de Galicia neste asunto.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios