ANTONIO POLO, CAMPIÓN DE ESPAÑA MÁSTER

Esta fin de semana en Sevilla lograba o ouro por diante dos outros 47 participantes

Paralelamente ao Campionato de España de Inverno, o pasado sábado disputábase tamén en Sevilla o Campionato de España Master, para veteráns, a partir de 35, incluso ata os 79 anos.

O gran piragüista pontés Antonio Polo Campello participaban nos 5000 metros da categoría de 40-44 anos, logrando a medalla de ouro, a enésima do seu palmarés, con multitude de ouros en Campionatos Galegos e de España, ademáis do ouro no Campionato Europeo de Veteráns Portugal 2013, a prata na Copa de Europa de Portugal 2006, ou o 5º posto na Copa do Mundo de Dinamarca 2009.

Polo foi o mellor dos 48 particpantes da súa categoría, cun tempo de 21:33:73, quedando por diante de Francisco Morillas (Cuenca), 21:34:87.

Xa a máis de dez segundos quedaron o resto de participantes. O bronce foi para Borja Iglesias (Jaire), 21:44:28, e o seu compañeiro no Grupo Xuvenil, Ernesto Gancedo, foi 19º con 23:31:47.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios