Anuncio da aprobación inicial do orzamento para o exercicio do ano 2012

[BOP, 13 de agosto 2012] O Pleno do concello, en sesión do día 09 de agosto de 2012, aprobou inicialmente o orzamento xeral correspondente ao exercicio de 2012, así como o cadro de persoal para o dito exercicio.
O citado orzamento queda exposto ao público na Intervención deste concello por prazo de quince días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante o cal os interesados poderán examinalo e formular, ante o Pleno, as reclamacións que estimen pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais.
No caso de que, transcorrido o prazo de información pública, non se tivesen presentado reclamacións, o orzamento considerarase definitivamente aprobado. En caso contrario, o Pleno disporá dun mes para resolvelas.
O que se fai público para os efectos previstos na citada lexislación.

También podría gustarte
Comentarios