Anuncio da oferta de emprego público do Concello de As Pontes

Publicado onte, mércores 22 de Outubro de 2008, no DOG.
A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 7 de outubro de 2008, aprobou a oferta de emprego público do Concello das Pontes de García Rodríguez, correspondente ao exercicio de 2008, que comprende as prazas que se indican a continuación:
Provincia: A Coruña.
Corporación: As Pontes de García Rodríguez.
Número de código territorial: 15070.
Oferta de emprego público correspondente ao exercicio de 2008.
Funcionarios de carreira.
Grupo clasificación profesional segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: Policía local e os seus auxiliares; número de vacantes: tres; denominación: garda.
Grupo clasificación profesional segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala: Administración xeral; subescala: administrativa; número de vacantes: unha; denominación: administrativo.
As Pontes de García Rodríguez, 9 de outubro de 2008.
Valentín González Formoso
Alcalde

También podría gustarte
Comentarios