Anuncio de Despedimentos no grupo Acebrón das Pontes
Dende a CIG infórmannos disto:
A Dirección do Grupo Acebrón de As Pontes, vén de anunciar o despedimento, en próximas datas, duns 25 traballadores dun plantel total de 80 traballadores.
Este Grupo, que está formado polas empresas: Mecace, Acesán e Acemetal, asentouse no Polígono de Penapurreira a partires do ano 2000 ao abeiro de cuantiosas axudas públicas (Plan Miner, Igape, Miner-Reindustrialización, Plan de As Pontes, etc); nos últimos tempos tiña a produción baixo mínimos ao perder o contrato que mantiña coa Bazán de Ferrol, motivo polo cal xa se dera unha redución de xornada e a perda dun plus para os traballadores.
Dende a CIG imos convocar, na vindeira semana, unha Asemblea de Traballadores para enfrontar esta situación e demándaremos das Administracións Públicas unha revisión das axudas recibidas non só por estas empresas do Grupo Acebrón, senón tamén para novos proxectos aos que solicitou axudas, pois non debería ser compatíbel seguir percibindo novas subvencións cando está despedindo persoal nas súas empresas.
As Pontes, 7 de xaneiro de 2010