Amigus
As Pontes

ARTPO organiza a exposición Bodegóns e naturezas mortas

O grupo de artistas ponteses, ARTPO, volve a organizar unha exposición no Mercado Vello, esta vez coa temática: “Bodegóns e naturezas mortas”. A apertura será o sábado día 10 de maio ás 18 horas.
Poderemos ver as obras dunha ducia de artistas, que traballan técnicas como o pastel, acrílico, óleo ou técnicas mixtas nas obras pictóricas, e o tecido, soldado ou modelado nas obras escultóricas, que conforman un conxunto dunhas 50 obras, que se poderán visitar ata o día 18, en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas os domingos e o resto dos días de 18 a 20 horas.
artpo.jpg

También podría gustarte
Comentarios