Miguel Alvariño acada a primeira posición no clasificatorio absoluto da RFETA

Durante o pasado fin de seman celebrouse en Madrid, nas instalacións de tiro con arco na residencia Blume, centro de alta tecnificación do Consello Superior de Deporte, o segundo clasificatorio absoluto do 2014.
Nesta ocasión estaba en xogo a asistencia a Copa do Mundo en Antalya, Campionato de Europa e Copa do Mundo en Wroclaw.
Participaban o seis arqueiros que mellor clasificación obtuveron no primeiro clasificatorio, recordar que Miguel Alvariño terminou terceiro, o que lle valeu a asistencia a Copa do Mundo en Shangai e a proxima participación tamen na Copa do Mundo en Medellin.
O Sabado pola mañan iniciabanse as series a 70 metros, serian catro series que conformarian un dobre Round 2×70, terminaria Miguel en segundo lugar cunha bonificación de 29 puntos. Xa pola tarde celebrarianse unha ronda de 5 eliminatorias nas que se enfrentaron todos contra todos, rematando finalmente en segundo lugar despois de gañar 4 das eliminatorias e unha bonificación de 20 puntos.
O domingo pola maña volveuse a realizar outra ronda de eliminatorias igual que o sabado, agora si que foi quen de demostrar do que é capaz alcanzando as cinco victorias o que unido as puntuacións realizadas nos distintos enfrontamentos lle deu unha bonificación de 27 puntos.
No computo final alcanzaba o primeiro posto cunha bonificación total de 76 puntos.
O que o confirma como primer arqueiro da Federación Española de Tiro con Arco e por ende da Seleción Española de tiro con arco.


Xunto a Miguel Alvariño formarán o equipo Juan Ignacio Rodriguez e Miguel Angel Epifarre Tamen destacar que de maneira paralela desarrollouse o clasificatorio feminino que finalmente quedou composto por: Mirene Etxeberria, Alicia Marin e Beatriz Gómez.
Tampouco queremos esquencer o outro galego que noutro campo disputaba a clasificación e incorporación o equipo de arco adaptado, Gillermo Rodriguez, que finalmente consigueu clasificarse.
Noraboa atodos.
Xa por ultimo queremos recordar que o vindeiro fin de semán Miguel Alvariño volvera a concentrarse no Centro de Alto Rendimiento en Madrid para dende ali partir cara o segundo encontro da Copa do Mundo de Medellin
Nova cortesía do Club de Tiro con Arco Sílex

También podría gustarte
Comentarios