As expropiacións da AG-6 pagaranse en febreiro

Lendo diariodeferrol.com:
“A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da a coñece-la resolución pola que se garantiza o levantamento de actas previas á execución dunha nova fase da autovía Ferrol-Vilalba (AG-6). Trátase do tramo As Pontes – Cabreiros e, segundo a información recollida no Diario Oficial de Galicia do pasado mércores, o procedemento administrativo formalizarase os días 9, 10 e 11 do vindeiro mes de febreiro no Concello das Pontes.”…


…”En calquera caso, os propietarios afectados por dita resolución teñen a posibilidade de cumprimenta-lo trámite en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
A relación de titulares, así coma os planos parcelarios correspondentes permanecen expostos no Concello pontés e no Servicio provincial de Estradas da Xunta, que se localiza na céntrica praza coruñesa adicada a Luis Seoane. A dito acto deben acudi-los titulares afectados pola citada construcción, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actados no seu nome e presenta-lo Documento Nacional de Identidade, o derradeiro recibo da contribución e poden acudir acompañados, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.
Así mesmo, ábrese un periodo de información pública, durante o prazo de 15 días, a fin de que os interesados poidan formular por escrito as reclamacións ou alegacións que estimen oportunos.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios