As máis grandes figuras da pintura europea, a partir de hoxe na Barrié

Lendo elcorreogallego.es:
“Despois dun longo período de tramitación e preparación, hoxe martes ábrese na Fundación Pedro Barrie de la Maza a exposición Grandes mestres do Museo Lázaro Galdiano na que se poden ver cadros, entre outros artistas, de El Bosco, Murillo, El Greco e Goya e que onte foi presentada pola directora da fundación Barrié, Marta Rey e pola directora do Museo madrileño, Letizia Arbeteta, que ó mesmo tempo é a comisaria da mostra. “…


…”Esta exposición, que estará aberta ata o día 7 de xaneiro de 2004, ofrece a visión de 53 pezas que abranguen un período dende o século XV ata o XIX con obras tanto de pintores españois como de flamencos alemáns e ingleses. Segundo Marta Rey, a exposición segue a liña das que anualmente procura facer a Fundación Barrié con obras dos artistas máis importantes do mundo, como foi este mesmo ano a xuntaza da meirande cadros que forman O Apostolado de El Greco ou tamén a do primeiro pintor galego de grande trascendencia, Gregorio Ferro. Engadiu que esta exposición que abre a tempada, despois de ter durante todo o verán a de fotografías de Ansel Adams, “ofrecéulle ó publico unha selección de cadros de primeiro rango que comezan, con respecto ós de España, cun panorama dos artistas do século XV como Juan de Sevilla, Mestre de Astorga, Mestre do Parral ou Mestre do Manzanillo, para seguir con Sánchez Coello, Murillo e Goya así como o estudio Cabeza de muller atribuído a Velázquez ou o espectacular Retrato de dama con gardainfante atribuído a Carreño de Miranda e que nunha recente radiografía puido demostrarse que é contemporáneo de Las Meninas de Velázquez”. Goya é o máis representado con catro pezas que son El aquelarre, Magdalena, un boceto de La era e outro dunha obra perdida pero que é coñecido como o da igrexa de San Fernando de Torreros. Entre os pintores estranxeiros hai que subliñar, en primeiro lugar, o ‘San Juan Bautista’ de El Bosco.
Pezas singulares
A comisaria Letizia Arbeteta subliñou o cadro O bautismo de Cristo obra atribuída a Orzio Samachini, un lenzo considerado como “impresionante”, así como un retrato do Mesías xove, que procede do taller de Leonardo da Vinci. Tamén citou de maneira especial a achega inglesa, tan escasa en España, “xa que é unha escollida selección que inclúe obras de Lely, Reynols e Constable”. O feito de que esta mostra poida verse na Coruña débese a que a sede do museo na rúa Serrano de Madrid, residencia que fora do doador, José Lázaro Galdiano, permanece en obras e remodelacións desde hai tres anos. “…
Fonte: elcorreogallego.es

También podría gustarte
Comentarios