As Pontes 5 Chantada 1

Vitoria contundente do As Pontes sobre o Chantada por 5 goles a 1. Comezaba o encontro da peor maneira posible, adiantandose os visitantes nada máis principiar o partido, que semellaba ía a ser sufrido coma ven acontecendo ó longo de toda a tempada, pero non, tralo descanso e coa entrada de Pedro e sobre todo Carballeira, que revolucionou ó equipo, o As Pontes foi un vendaval, e ademáis saíalle todo o que intentase, así Jorge no 55 mandou un zapatazo desde 40 metros que sorprendeu ó porteiro visitante, no 70 Pedro adiantou os locais tras aproveitar un pase en profundidade de Chote e batir a Guiti, no 80 foi Piru a pase de Carba, no 85 Alonso marcou o golazo da tempada, similar ó de Jorge, pero neste caso… desde o seu propio campo. Rebolo foi o último en sumarse a festa e anotou o quinto tras regatear ó defensa e batir por baixo ó porteiro. Tres importantes puntos para o As Pontes que a pesar de que queda moita Liga, semella alonxarse dos postos de abaixo.


As Pontes: Angel, Rivas, Jorge, Chote, Alberto, Seco (Pedro 45), Troncho (Esmoris 86), Pablo (Carba 45), Amado (Rebolo 70), Alonso, Piru.
Chantada: Guiti, Dani, Melchor (Luis 31), Albertito (Piollo 78), Guerreiro, Ramos, Anxo, Isaac (Brais 73), Kadete, Basal, Javi.
Goles: 0-1 Cadete (2), 1-1, Jorge (55), 2-1 Pedro (71), 3-1 Piru (80), 4-1 Alonso (85), 5-1 Rebolo (90).
Árbitro: Vázquez Pérez (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Patricia e Cousillas. Amonestou ós locais Amado, Jorge, Alonso e Rebolo.
Campo e incidencias: Campo de O poblado, uns 100 espectadores en tarde soleada.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios