As Pontes e Laracha saldaron o choque cunha igualada

[Diario de Ferrol, por Xosé Cendán] As Pontes e Laracha empataron o xoves nun partido marcado polo protagonismo dos xuvenís no cadro local.


A primeira metade foi pouco fluida, cos de Amil levando o peso do partido, pero evidenciando a lóxica falta de compenetración nun equipo con tres xuvenís no once inicial. Os visitantes tampouco inquedaron en ningún intre, e atopáronse cun gol ó borde do descanso.
Coa reanudación parecía que esa acción aínda pesaba, ata que Carballeira fixo o empate. Foi outro xuvenil, Jorge, o que atopou a porta nun gran disparo dende fóra da área só catro minutos máis tarde. Estaba completamente desbordado o Laracha, cando se atopou cun penalti inexistente, a tres minutos do final que lle permitíu rescatar un punto.
As Pontes: Javi, Hugo, Rivas (Jorge 55´), Paz, Esmorís, Manel, Rubén, Victor, David Amado (Carballeira 46´), Grueiro, e troncho.
Laracha: Periscal, Cano, Carlos (Manteca 78´), Muñíz, Dani, Adrián, Nando (Sergio 63´), Mariano, Pablo, David Vidal, e Diego.
Árbitro: Antonio loira, de Pontevedra. Auxiliado por Fernández e Garrido. Amsosou cartóns a Carballeira, Grueiro, Rubén, Manel, Esmorís, e Paz, no As Pontes, e a Carlos, Muñiz, Adrián, Mariano, e David Vidal, nos visitantes.
Goles: 0-1 min. 45: David Vidal; 1-1 min. 50: Carballeira; 2-1 min. 69: Jorge; 2-2 min. 87: David Vidal, de penalti.
Campo: O Poboado.

También podría gustarte
Comentarios