Amigus
As Pontes

As Pontes presentou en FITUR 2012 a súa importante oferta turística

[RTVEume] As Pontes ven de posicionarse no difícil mercado turístico, no que é o primeiro paso dun proxecto que suporá unha forte aposta por este eido como fonte de dinamización socioeconómica da zona. E facíao da man da concelleira de Turismo, Ana Pena, que levou a proposta pontesa á Feira Internacional do Turismo de Madrid (FITUR), onde As Pontes foi un dos concellos que realizaron presentación propia no posto de Turgalicia.


O pasado venres a oferta de coñecer As Pontes captou a atención de algo máis dunha vintema de asistentes, en xeral profesionais do turismo, que se achegaron a coñecer unha proposta que apostou pola orixinalidade na súa presentación. Mediante unha dramatización que servíu para a entrada, e posteriormente como fío condutor do acto, o mesmo Conde Rodríguez de Valcárcel, expuxo as particularidades desta vila que xa foi nos seus intres, terra de paso, e referente do turismo de repouso, para ir dando paso a senllos vídeos nos que se explicaba, nun como é o noso concello, e que ten que ofrecer ó visitante, e no outro o ambicioso proxecto do lago que ocupará o oco da mina de carbón hoxe clausurada. Apostando por facerse un oco no copado sector turístico, As Pontes aposta pola singularidade dun espazo que se debe converter nun destino natural cun patrimonio importante canto a cultura, arqueoloxía, gastronomía, ou festas entre outros. De calquera xeito,a maior aposta está na capacidade dun concello, que sufriu moitas transformacións, pola acción do home, en manter a súa esencia, seguindo a ser un destino dende o punto de vista medioambiental, cunhas grande potencialidades.
A edil de Turismo estivo acompañada pola responsable de Cultura, Sara Ramos, nunha poñencia final na que espertou o interese dos asistentes, entre os que non se deu o apoio de representantes de outras Administracións, como si aconteceu con Ferrol, Ortigueira, ou Terra Cha, malia o que entre os asistentes se producían xa os primeiros contactos para poder trasladar esta oferta que presenta As Pontes a outros foros. A presenza en Fitur completouse co reparto duns folletos, que de camiño se esgotaron, baixo o lema, As Pontes, camiño do Eume, e coa entrega de uns agasallos que incluían, xunto coa información de interese, unhas mostras de produtos gastronómicos da zona. A intención da nova concelleira de Turismo é levar adiante, en todos os foros posibles, esta aposta decidida por seguir no deseño de estratexias de futuro de cara a converter este sector, aproveitando o tirón do lago, nunha fonte de recursos para o pobo.

También podría gustarte
Comentarios