Amigus
As Pontes

Esta semana preséntase o Windows XP en galego

Lendo codigocero.com: "O vindeiro xoves presentarase oficialmente a versión en galego do sistema operativo Windows XP presidindo o acto o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. Está versión parte dun convennio firmado o pasado ano…

Hoxe dous concertos máis no Conservatorio

Hoxe teremos un concerto dos alumnos de saxofón ás 17:30 horas e outro dos alumnos de percusión ás 19:00 horas, os dous no Conservatorio. Ademáis será o último día de clases deste curso académico 2003/2004. Así que vos recomendamos que non…

Exposición de traballos de alumnos do Monte Caxado

O APA do Monte Caxado indícanos que hai unha exposición na Casa Dopeso dos traballos realizados polos alumnos que asistiron ó longo deste curso ás actividades de modelado e de pintura. A exposición estará aberta ata o vindeiro día 15.…

Os concertos do xoves

Onte foi outro día axetreado no Conservatorio. Primeiro un concerto de guitarra e música de cámara, para seguir co concerto do coro e da orquestra de grao medio. Despois tivemos uns pinchos que aínda que non mellores que os propios…

V Xornada Galega de Nais e Pais. Educando en Igualdade

Este ano as xornadas márcanse o obxectivo de contribuir á resolución das distorsións de convivencia, orixinadas pola repartición desigual de responsabilidades entre homes e mulleres no ámbito político, laboral, social e moi particularmente…

Hoxe concertos máis pinchos

Hoxe imos ter no Conservatorio tan só dous concertos ;) empezaremos ás 17:30 horas no Conservatorio co concerto dos alumnos de guitarra, e seguiremos ás 18:30 horas no ALOVI co concerto da orquestra e do coro de grao medio do centro. Pero o…

Catro concertos nunha tarde

Onte martes foi un día moi axetreado no Conservatorio. Empezaron os alumnos de vento-metal facendo un concerto no Conservatorio ás 17:30, despois ás 18:30 empezaron os de violín no Lar, aínda non rematara e empezaban os de clarinete en…

Novas novas dende o Conservatorio

Pois si, máis novas do Conservatorio. Onte tivemos unha despedida e ó mesmo tempo unha ledicia enorme, e non porque se fora, se non porque despois de moitos anos de esforzo Raúl Mirás rematou o seu grao medio neste Conservatorio dunha…

Hoxe máis música no Conservatorio

Ata catro concertos teremos hoxe nas Pontes. Ás 17:30 no Conservatorio os alumnos de Vento-Metal, ás 18:30 no Lar os alumnos de Violín, ás 19:00 en Dopeso, os alumnos de clarinete e ás 20:00 tamén en Dopeso o cuarteto de Saxofóns dirixido…

Concertos do Conservatorio

Hoxe teremos dous concertos de fin de curso do Conservatorio. Primeiro un concerto de Raul Mirás, alumno de violonchelo de último curso de grao medio, ás 19:00 horas en Dopeso. E despois, ás 20:30 alumnos de percusión do profesor Ignacio…

Asamblea extraordinaria do APA Monte Caxado

Convócase a tódolos pais e nais da asociación a unha asamblea extraordinaria prevista para o día 15 de xuño no salón de actos da Casa Dopeso ás 18:00 en primeira convocatoria e ás 18:30 en segunda convocatoria. A orde do día é a seguinte:…

¿Qué lles preocupa ós usuarios de PDA?

Lendo iblnews.com: "Tras analizar máis de 20.000 conversacións en máis de 100 foros durante os últimos tres meses, DiceLaRed presenta o seu estudio sobre a PDA. A primeira conclusión é a hexemonía de Palm, que a leva a ocupar case a metade…

O Concello xa está a prepara-la festa da Fraga

O Concello das Pontes trata de involucrar a toda a cidadanía na organización da Romaría da Fraga. A dous meses da celebración desta Festa popular, onte abriuse un ciclo de reunións cos distintos sectores da poboación. O primeiro contacto…

Os discos duros non gustan das tormentas

Lendo codigocero.com: "Recovery Labs advirte que os fenómenos climatolóxicos propios da primavera afectan á estructura física dos discos duros dos ordenadores, así como ós compoñentes mecánicos, especialmente por mor dos picos de tensión…

Concertos de alumnos do Conservatorio

Hoxe comenzan os concertos de fin de curso dos alumnos do Conservatorio. Ás 19:00 horas no Conservatorio farán unha audición os alumnos de frauta traveseira do profesor Pablo Mato e os de Piano de Ernesto Gancedo e José Manuel Campello.…

Acampamentos 2004

A Escola de Tempo e Aire Libre Néboa ven de lanzar unha nova convocatoria das Acampadas Intermunicipáis na natureza, que se celebrarán na area de Vilarbó, no noso municipio, augas arriba do encoro da Ribeira. O patrocinio corre a conta dos…