Amigus
As Pontes

O Concello xa está a prepara-la festa da Fraga

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[RTVi-As Pontes] O Concello das Pontes trata de involucrar a toda a cidadanía na organización da Romaría da Fraga. A dous meses da celebración desta Festa popular, onte abriuse un ciclo de reunións cos distintos sectores da poboación. O primeiro contacto foi cos presidentes das asociacións.


Unha comisión formada polos concelleiros de Cultura, Participación Veciñal e Deportes acudiu onte á Casa Dopeso para escoita-las proposicións dos responsables das asociacións con respecto á romaría da Fraga.
Non houbo conclusións, pero sí compromisos por parte do grupo de goberno de seguir traballando na mesma liña, de convocar a tódolos sectores da sociedade, cun único fin, que as medidas que se adopten obteñan o consenso, senón unánime sí da maioría. Onte estiveron moitos dos responsables das asociacións, cerca dunha trintena, pero non todos. Sobre todo botouse en falla a representación da xuventude.
As suxerencias dos asistentes á reunión centráronse en dous temas, a limpeza do parque da Fraga e a capacidade do recinto. En canto á limpeza, a reunión de onte serviu para bota-la vista atráis e recorda-lo aspecto no que queda esta área de esparcemento ano tras ano.
E é que aínda que cada vez hai máis romeiros que recollen a parcela que ocupan o 25 de Xullo, o certo é que todavía hai moita máis xente que non se preocupa de elimina-los restos das súas merendas, tendo que encargarse deste cometido o persoal do Concello. Estes traballos prolónganse normalmente ata finais do mes de Agosto, e mentras tanto o Parque da Fraga aseméllase máis a un vertedoiro incontrolado.
En canto á capacidade do recinto falouse de que a Romaría da Fraga recibe cada ano maior cantidade de romeiros, e polo tanto o Parque quédase pequeno para acoller a tal cantidade de público. E é que desde que foi declarada Festa de Interese Turístico, a sona da nosa romaría estendeuse por todo o país. De continuar esta tendencia á alza, chegará o momento de buscar solucións ó problema do espacio.
Nas próximas dúas semanas convocaranse novas reunións para seguir falando da romaría da Fraga. As seguintes xuntanzas faranse coa xuventude nos IES Castro da Uz e Moncho Valcarce e tamén no Colexio Monte Caxado.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios