As labouras de extracción do fuel do Prestige comenzan esta semana e durarán como mínimo cinco meses
Lendo elmundo.es:
“As labouras de extracción do fuel do Prestige, afundido a 4.000 metros de profundidade dende decembro de 2002, comenzarán a vindeira semana e se prolongarán como mínimo ata o mes de outubro, informaron fontes do Comisionado do Goberno.”…
…”Para elo, os responsables do proxecto realizaron ó longo das ultimas semanas numerosas probas técnicas no lugar no que se atopa afundido o petroleiro, coa fin de controlar que a operación se leve a cabo coas máximas garantías.
Entre as probas, os técnicos comprobaron o funcionamento das ferramentas que perforarán o pecio para face-los catro orificios polos que sairá o hidrocarburo, e o sistema de colocación de válvulas e bolsas lanzadeiras.
Nas labouras de extracción participarán entre 150 e 200 persoas, na súa maior parte enxeñeiros e outros técnicos cualificados, segundo explicaron as mesmas fontes.
Na zona do afundimento, a 130 millas ó oeste das Illas Cíes, están xa preparados o buque ‘Polar Prince’, fletado por Repsol como base de operacións, e o ‘Odin’, que almacenará o fuel que recollan as bolsas lanzadeiras.
Precisamente esta mesma semana levouse á zona, tras pasar con éxito as probas de flotabilidade, a primeira das cinco lanzadeiras previstas que, ó igual que as outras, ten unha estructura cilíndrica e ríxida, e foi construida con aluminio naval.”…
Fonte: elmundo.es