O Concello de Arteixo e R acordan levar a nova infraestructura de fibra óptica ó municipio

Lendo codigocero.com:
“O alcalde de Arteixo, Manuel Pose e o director xeral de R, Arturo Dopico (na imaxe) asinaron hoxe o convenio de colaboración para a extensión da nova infraestructura de fibra óptica ó concello. Así Arteixo entra a formar parte do grupo de cidades e municipios galegos que xa gozan de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que está a despregar o operador galego en toda a comunidade autónoma.”…


…”Na primeira fase do despregamento da infraestructura en Arteixo, que se acometerá ó longo deste ano 2004, R prevé levar os servizos integrados de teléfono, Internet de alta velocidade e televisión a case 5.000 fogares e locais empresariais situados na zona do núcleo urbano, entre as que se atopan, entroutras, Avda. Finisterre, Travesía de Arteixo, Rúa Angel del Castillo, rúa Historiador Vedía, Avenida de Balneario e Avenida de Caión, ademáis da zona de Meicende, acometendo no concello uns investimentos superiores ós tres millóns de euros.
O obxectivo da empresa é comezar a prestación de servizos antes de que finalice este ano, así como instalar cabinas telefónicas en distintos puntos do municipio, abrindo por vez primeira en Arteixo o servizo de telefonía pública á libre competencia. O alcalde de Arteixo, Manuel Pose, explicou que “vimos de facer distintas contribucións á modernización da nosa vila, e nesa liña queremos seguir traballando e, neste caso, consideramos imprescindible para o axeitado desenvolvemento socioeconómico e o crecemento empresarial de Arteixo a instalación da nova infraestructura de telecomunicacións por fibra óptica”.
Segundo o director xeral de R, Arturo Dopico, “R está a facer un esforzo por materializar o seu compromiso con Galicia e estender ó máximo número posible de cidadáns a infraestructura de telecomunicacións máis avanzada a nivel mundial. Por iso, para nós, é fundamental poder contar coa colaboración das administracións locais, como é o caso do Concello de Arteixo, de xeito que poidamos poñer a disposición de todos os novos servizos da sociedade da información”.
Neste sentido, o operador galego continúa estendendo a súa rede ós contornos metropolitanos das principais cidades galegas –nestas últimas, a cobertura dos núcleos urbanos xa é practicamente plena-, así como nos municipios cun elevado dinamismo económico, como é o caso de Cambre, Culleredo, Oleiros, Ames o Narón, na provincia da Coruña, Vilagarcía de Arousa e Marín, na provincia de Pontevedra, ou O Barco de Valdeorras en Ourense. Así mesmo, a rede de fibra óptica de R xa está a disposición dos 20 principais polígonos empresariais de Galicia. ”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios