Amigus
As Pontes

Concertos de alumnos do Conservatorio

Hoxe comenzan os concertos de fin de curso dos alumnos do Conservatorio. Ás 19:00 horas no Conservatorio farán unha audición os alumnos de frauta traveseira do profesor Pablo Mato e os de Piano de Ernesto Gancedo e José Manuel Campello.
Estades todos/as invitados/as a asistir.

piano01.jpg


Venres 28 – Alumnos de Piano e Frauta traveseira
19.00 horas no Conservatorio
Proferores: Ernesto Gancedo, José Manuel Campello [piano] e Pablo Mato [frauta]
Luns 31 – Alumnos de Piano, Violonchelo e Música de Cámara
18.30 horas en Dopeso
Profesor: Iliá Keilin [violonchelo e piano]
Martes 1 – Raúl Mirás López
(Alumno que remata o grao medio)
19.00 horas en Dopeso
Profesor: Iliá Keilin
Mércores 2 – Alumnos de Vento-Metal
17.30 horas no Conservatorio
Profesor: Abel Riveira [vento-metal]
Mércores 2 – Concerto e Exposición de debuxos dos alumnos de Violín
18.30 horas no Lar
Profesor: Eduardo Coma [violín]
Mércores 2 – Alumnos de Clarinete
19.00 horas en Dopeso
Profesora: Andrea Iglesias [clarinete]
Mércores 2 – Cuarteto de Saxofóns
20.00 horas en Dopeso
Profesor: Roosevelt Bouza [saxofón]
Xoves 3 – Alumnos de Guitarra e Música de Cámara
17.30 horas no ALOVI
Profesor: Fernando Varela [guitarra]
Xoves 3 – Concerto da Orquestra e o Coro de grao medio
18.30 horas no ALOVI
Profesores: Abel Riveira [orquestra] e Andrea Iglesias [coro]
Venres 4 – Alumnos de Saxofón
17.30 horas no Conservatorio
Profesor: Roosevelt Bouza [saxofón]
Venres 4 – Alumnos de Percusión
19.00 horas no Conservatorio
Profesor: Ignacio Sanz [percusión]
Luns 7 – Efrén Ramos Morado
(Alumno que remata o grao medio)
20.00 horas en Dopeso
Profesor: Andrea Iglesias

También podría gustarte
Comentarios