Amigus
As Pontes

kdd #aspontes o venres 26

Hoxe venres 26 de setembro o canal do irc-hispano #aspontes vai ter unha kdd (quedada ;-)). Empeza as 9 da noite no ciber Naza (rúa Rosalía de Castro 6 baixo, nas Pontes).

A sorpresa: UN RUEIRO

Pois eiquí está a sorpresiña prometida: UN RUEIRO ¿Pedíadesnos fotos? eiquí hai fotos ¿Pedíadesnos servicios? eiquí hai servicios ¿Pedíadesnos algo dinámico? pois tede coidado non vos mareedes ;-) Preme na imaxe para entrar no rueiro.

Xa temos dous mesiños

Hoxe estamos de noraboa, cumprimos DOUS MESES desta nova versión da páxina de amigus. ¿Quén da máis? ¿Quén quere máis?

Mañá estamos de ‘mesario’

Tan só falta un día para que cumpramos dous meses con esta nova versión da páxina de Amigus. Un día para celebralo por todo o alto. Un día para que vos descubramos a sorpresa que vos temos gardada. Tan só falta un día.....

Pasado mañá facemos DOUS MESES

Pasado mañá, 24 de setembro de 2003, facemos dous meses con esta nova versión da páxina de Amigus. Estade atentos porque vos imos a sorprender moi gratamente. Levamos unhas semanas preparando unha sorpresiña que seguro que vos vai deixar…

As fotos da Fraga xa están dispoñibles

Xa temo-las fotos da festa da Fraga deste ano. As tan esperadas/temidas fotos da Fraga, xa están dispoñibles para todos vos, para que as disfrutedes ou para que as sufrades... todo dependerá do que fixerades nela ;-) Gracias a Pope e a…

10101

Levamos 36 días coa nova versión da páxina, e O 24 de xullo abrimos esta páxina coas 3600 visitas da páxina anterior, e en 36 días xa tivemos 6501 visitas.