Os escolares ponteses do ensino infantil e Primaria rematan as vacacións

Os centros escolares ponteses de infantil e primaria recobrarán este mércores a súa actividade. Este ano o inicio de curso faise con varios días de antelación, aínda que o primeiro día será nos centros públicos unicamente para a presentación entre profesores e escolares, e os primeiros detalles da organización do novo curso escolar. En tódolos centros que imparten os citados niveis o horario previsto será de dez da mañá a doce do mediodía, e o resto deste mes farán xornada intensiva. A única salvidade nestes horarios está no Nebrija Pardo Bazán.


En Galicia as clases en segundo ciclo de educación infantil, primaria e educación especial abranguerán dende o 10 de setembro e deica o 24 de xuño. En Secundaria e bacharelato tamén comezarán antes, porque está previsto face-la presentación a vindeira semana, o vindeiro xoves, rematando o curso o 25 de xuño. Mentres que os estudiantes que fagan formación profesional ou ensinanzas de réxime especial disfrutarán das vacacións deica o 1 de outubro.
Indicar tamén que os periodos vacacionais marcados para este ano serán os tradicionais de nadal, que irá o 22 de decembro ó 7 de xaneiro. Semana Santa, entre os días 5 e 12 de abril e un par de días de entroido, o 23 e o 24 de febreiro.
Canto ós centros escolares das Pontes que incian as clases serán o Monte Caxado, Santa María, A Magdalena, a Fraga e o Nebrija Pardo-Bazán.
Precisamente neste último centro, de carácter privado, ademais dos alumnos de infantil e primaria, tamén terán a presentación os de Bacharelato. Os primeiros en entrar á clase serán estes últimos, ás nove en punto da mañá, e para as dez está previsto incorporar ós alumnos de infantil e de primaria. Neste centro o primeiro día terán o horario previsto para este mes, e rematarán as clases entre a unha do mediodía e a unha e media.
No Santa María a matrícula manténse con respecto ó curso anterior, cuns 160 alumnos. O horario deste mércores será o habitual de dez a doce, e durante o resto do mes de nove a unha do mediodía.
No Monte Caxado comparten centro, escolares de infantil e primaria cós de Bacharelato. Os primeiros terán que estar nas aulas ás dez, mentres que os de secundaria estarán de vacacións deica a semana. No resto do mes o horario será de dez a dúas da tarde. Este ano acudirán un total de 320 alumnos a este centro.
O colexio da Fraga terá durante este ano uns 100 rapaces, e o cambio máis salientable é a supresión dunha unidade de educación infantil, concretamente a correspondente ós nenos de tres anos, xa que polo escaso número de matriculados compartirán espacio cós de catro anos. Durante setembro o horario será tamén entre as dez e as dúas.
Finalmente no colexio da Magdalena terán estes mesmos horarios, con cita para mañá ás dez en punto. Ata outubro compartirán o horario continuado, polo que non haberá comedor ata o vindeiro mes. A matrícula prevista é duns 150 alumnos.
Fonte: Web Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios