A case tres meses para a celebración das festas patroais de As Pontes,xa se poden adiantar algúns datos duns festexos que van apostar este ano por unha maior participación e dispersión canto ós actos promovidos nestes días festivos.
As actividades e actuacións repartiranse entre os diferentes barrios da localidade, e non se circunscriban tan só ó centro urbano.Ademais buscarase organizar máis actividades para nenos e nenas,contando coa participación das asociacións cuturais e deportivas da vila.
Canto ás actuacións musicais, que adoitan ser do máis agardado, este ano o Carme apostará pola nostalxia con dúas referencias dos oitenta:o dúo Cómplices e a banda de Manuel España –La Guardia, que volveron a escena logo de máis dunha década dende a súa disolución. Actuarán conxuntamente,mentres que o concerto en solitario recaerá nos malagueños Efecto mariposa, que saen este verán coa súa xira Efecto 2.008.
Ademais vaise apostar fortemente polas orquestras, estando xa a piques de pechar a tódalas grandes do momento.Canto á romaxe da Fraga este ano o festival folk vai contar con todo un luxo no cartel, cos irlandeses Gwendall. Xunto a eles estarán, na noite do 24, a música tabernaria de Sérralhe-aí, e Zarambeques.
Novas
- Resultados Grupo Xuvenil As Pontes na III Copa Galega Infantil K1/C1
- Resultados fin de semana 7 e 8 de xunio
- Lista de inscritos VI Slalom Vila de As Pontes
- II carreira green power Iberia
- I Copa de España de Barco Dragon 200-500m.
- Resultados Campionato Galego Barco dragón
- Segunda Regata Copa Galega Infantís
- Día das letras galegas
- Obradoiro de deseño e posicionamento de currículum
- Copa Galega Piragüismo de Pista cadetes e veteráns
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
Seguinte
También podría gustarte
Comentarios