Amigus
As Pontes

Axenda 21 Local

Como xa informamos con anterioridade, os concellos de A Capela, Cabanas, Moeche, Monfero, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior acordaron a finais de 2005, no marco da asociación para o desenvolvemento rural EuroEume, e xunto cun total de 63 entidades asociativas, elaborar unha Axenda 21 Local.


Dentro do proceso do que falamos, na actualidade atopámonos no momento de validar o diagnóstico da Auditoría Técnica, e do Plan de Participación Cidadá, que en grande medida foi extraído dos Foros Locais.
Estes Foros Locais estiveron abertos á participación de todas as persoas interesadas; e neles realizouse unha priorización inicial das problemáticas e oportunidades que deben considerarse cara á elaboración do Plan de Acción da Axenda 21.
As conclusións desta serie de xuntanzas serán integradas nun espazo de diálogo denominado Foro Intermunicipal da Axenda 21 de EuroEume (foro territorial, conxunto para tódolos veciños e veciñas dos sete concellos).
Para presentar este Foro Intermunicipal, celebraremos unha rolda de prensa, o Venres día 9 de xuño, ás 11,00 h no Salón de Plenos do Concello de Pontedeume, e nela intervirán:
– José Castro. Presidente de EuroEume
– Belarmino Freire. Alcalde de Pontedeume
– Jorge Fente. Coordinador da Axenda 21
Para máis información:
– Jorge Fente-Coordinador da Axenda 21: 627 570 943
– Asociación EuroEume: 981 440 729 (horario de mañán)

También podría gustarte
Comentarios