Axenda Cultural As Pontes (11, 12 e 13 de abril)

Mañá a compañía DISQUE DANZA, traerá Ás Pontes o espectáculo de danza/teatro: MENÚ VEXETAL (DÁME VERDE), dirixido a rapaces a partir de 5 anos. A autora do espectáculo é Paula Carballeira, e será posta en escena por catro bailarinas e unha actriz. Un espectáculo de danza moi visual e atractivo para todos os públicos.
A cor verde non é unha cor aburrida. Ninguén diría iso. O verde é a cor da paisaxe con boa saúde, da esperanza nova, do mar cheo de algas. Verde é a vida. Verdes son os ollos dos gatos negros, que anuncian misterios. Verdes son as herbas que curan e as herbas que matan. Verde é a cor da maxia da menciñeira.
Daquela, por que o verde é a cor da comida aburrida?, por que o verde non é a cor da comida que anuncia misterios, a comida con maxia, a comida que pide aventura?
Agora ti, despois do que che dixen, descubre que se pode xogar coa comida, que se poden mesturar sabores imposibles, combinar cores, tragar palabras, moverse ao redor das mesas, por riba e por baixo delas.

Cultura As Pontes Primavera 2008

axenda_11-12-13_abril08.jpg

También podría gustarte
Comentarios