Axudas aos concellos para o acceso á SI con Sw Libre

Lendo agnix.org:
“O Diario Oficial de Galicia publicou onte dúas ordes de axuda da Consellería de Innovación e Industria polas que se establecen as bases para a concesión de axudas para 2006 destinadas a facilitar o acceso á Sociedade da Información dos concellos menores de 6.000 habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes.
Para os concellos de entre 6.000 e 35.000 habitantes, a Consellaría destina 600.000 euros este ano e outros 300.000 con cargo aos orzamentos de 2007, e subvencionará a creación de portais informativos (que serán mantidos polas asociacións cidadáns) que se configurarán como espazo de comunicación accesíbel e aberto á participación de todos os veciños.”…


…”O portal cidadán deberá ser construído sobre a base do Software Libre, terá o galego como lingua vehicular e …
… integrará espazos para dar a coñecer o capital asociativo do concello, as súas actividades e canles de participación; ferramentas de interelación comunitaria como foros, correo electrónico ou taboleiros de anuncios; información de interese como ofertas e demandas de emprego; acceso á vivenda, información sobre xestións on-line nas administracións; e información sobre o acceso ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
Innovación e Industria subvencionará os custos de deseño e realización do portal, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano. As axudas poderán acadar unha contía máxima do 75% do investimento subvencionable para cada proxecto e o importe máximo para cada concello será de 60.000 euros, repartido en dúas anualidades.
No caso dos concellos menores de 6.000 habitantes, para os que a consellaría destinará 800.000 euros, subvencionarase a realización de páxinas web cuxo mantemento sexa realizado a través dunha aplicación xestora de contidos en entorno de código aberto e que cumpra as normas de accesibilidade de acordo coa norma W3C-WAI-AA. As webs deberán estar en lingua galega (de empregar outro idioma o galego será a primeira opción) e os documentos que conteñan dispoñíbeis en formato PDF.
Innovación e Industria subvencionará os custos de deseño e realización da web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano. As axudas poderán acadar unha contía máxima do 75% do investimento subvencionable para cada proxecto, cun límite de 9.000 euros por beneficiario.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios