Axudas para material escolar
[RTVi-As Pontes] O Concello das Pontes vén de facer públicas as bases da convocatoria de axudas para material escolar para o curso 2.004-2.005. Delas poderán ser beneficiarios os fillos dos veciños empadroados nas Pontes. O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de Outubro.
A convocatoria ten por obxectivo fixa-las axudas económicas para contribuír parcialmente ó financiamento dun programa de axudas á escolarización, cun orzamento máximo de 9.000 euros.
Para outorgar estas axudas valoraranse criterios tales como ingresos da unidade familiar, a idade, desmprego ou incampacidade permanente absoluta recoñecida do cabeza de familia. Tamén se terá en conta se o solicitante pertence a unha familia numerosa ou se o sustentador principal está viúvo, solteiro, divorciado ou separado. Ademáis as bases establecen que a renda per cápita dos solicitantes non superará os 276 euros mensuais.
En canto á contía das axudas, éstas variarán dependendo do curso no que estea matriculado o alumno. Así para os de educación secundaria o importe será das subvencións será de 105 euros, para os de educación infantil e primaria, agás para os de 6º, as axudas serán de 66 euros. E para os estudiantes de ciclos formativos, FP, e Bacharelato, a contía que concederá o Concello será de 115 euros, ou no seu caso os textos que correspondan ó curso do alumno.
A documentación que se debe presentar é a solicitude de axuda, o DNI do solicitante e dos demáis membros da unidade convivencial, o libro de familia ou título de familia numerosa; as nóminas de Xaneiro a Xuño, ou as certificacións do INEM das contías percibidas por prestación e subsidio de desemprego. Tamén se deberán aportar os recibos de pensión actualizados, recibos de aluguer da vivenda, declaración da renda da unidade familiar correspondente ó último exercicio ou declaración xurada de non ter que presentala,
Así coma declaración xurada da totalidade de ingresos do solicitante e dos restantes membros da unidade familiar maiores de 18 anos, acompañada dos xustificantes dos respectivos ingresos.
Para percibir as axudas para material escolar do Concello das Pontes tamén se require fotocopia da tarxeta de demandante de emprego, no caso de desempregados, boletín de calificacións escolares, certificación do padrón municipal de habitantes de tódolos convivintes.
Unha vez aprobadas as axudas, éstas teranse que xustificar mediante factura de compra do material escola, nun prazo de 10 días desde que se reciba a notificación do Concello.
Para máis información os interesados poden dirixirse ós Servicios Sociais do Concello, no 2º andar da Casa Dopeso, ou senón poden chamar ó teléfono 981-44 10 08.
aspontes.org