BNG Programa Marco Municipais 07 : D. Patrimonio cultural

Catalogación, inventario, estudo e coñecemento:
a) Do patrimonio histórico-artístico, arqueolóxico e eco-xeográfico
b) Do patrimonio etnográfico para a recuperación de festas populares, oficios e técnicas de interese cultural
c) Da tradición oral para restaurar a memoria histórica da tradición de lendas, contos,…
d) Da historia xornalística a través da creación de hemerotecas en vilas e cidades con tradición neste eido.
Bens de interese cultural:
a) Promover a declaración de bens de interese cultural de bens móbeis, inmóbeis e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico, científico ou técnico.
b) Sinatura de convenios con particulares que teñan bens de interese históricoartístico e/ou cultural para fomentar o seu uso público, total ou parcial.
c) Instalación de institucións e servizos públicos en edificios de valor histórico e
cultural.
d) Os conxuntos históricos e demais elementos declarados de interese cultural contarán cun plano especial que inclúa a protección e a rehabilitación do patrimonio construído, co obxectivo acrecentado de manter e/ou recuperar poboación residente. Para lograr este obxectivo deseñaranse políticas conxuntas, tanto coa Consellaría de Vivenda e Solo, como coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza.
Constitución de padroados para a defensa do patrimonio cultural cando as características históricas deste así o requiriren.
Creación de museos locais ou comarcais sempre, cando as coleccións existentes o requiriren e cando existiren medios para o seu mantemento. Integración na Rede Galega de Museos Municipais.
Podedes baixar o Programa Marco en PDF dende este enlace

También podría gustarte
Comentarios