Borja e o K4, decimoquintos na proba da Copa do Mundo de Racice

O palista pontés Borja Prieto Valera e o K4 español concluiu en decimoquinta posición a súa participación na Copa do Mundo de Racice (República Checa), que ven de rematar a súa primeira xornada hai uns minutos.
Na primeira regata so clasificaba o primeiro de cada unha das tres series. Na serie de Borja gañou a sorprendente selección de Portugal, que xa venceu na primeira proba da Copa do Mundo en Rovigo. En segunda posición quedaron os franceses campións do mundo, e en quinto lugar a embarcación española con 3:03:351 que pasaba á repesca de semifinais.


As embarcacións directamente clasificadas pra a final de mañá foron Rusia, Portugal e Chequia. As outras seis prazas distribuirianse en tres por cada semifinal.
A primeira semifinal enfrontaba as dúas embarcacións españolas, Borja competiu en Racice con un equipazo, o gran especialista en 1000, Javier Hernanz, a maior promesa do piraguismo estatal Fran Cubelos, e Iñigo Peña, que está de dulce, ademáis de Borja. A outra embarcación tampouco era manca, Llamedo, Germade, Llera e Pablo Baños.
Pero o K4 de Borja partía cun gran hándicap, dous dos seus integrantes, Peña e Cubelos fixeron dúas regatas de K1 1000 metros apenas minutos antes, polo tanto chegaban con 2000 metros extras a esta semifinal, e finalmente venceu Eslovaquia por diante de Hungría e Italia, o outro K4 español quedou cuarto a 41 centesimas da final e o K4 de Borja foi sexto con 3:05:421.
Na outra semifinal calificaron Australia e os dous conxuntos bielorrusos, deixando fóra ós campións do mundo franceses, deixando claro que esta Copa do Mundo era de nivel olímpico.
A vindeira proba, a derradeira antes de Europeo e Mundial, será en Duisburgo (Alemaña).
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios