Borja Prieto e as dúas embarcacións españolas na final da Copa do Mundo de Duisburgo

Boas noticias nos chegaban hai unhas horas desde Alemaña onde os dous botes españois do K4 se clasificaban pra a final. Non o fixeron á primeira, pero si na repesca de semifinais.
Na primeira serie impuxeronse os chinos, e o K4 español, con modificacións con respecto á semana pasada, de Hernanz, Llamedo, Baños e Cubelos entrou en segunda posición e polo tanto tiña que ir á repesca de semifinal.
borjaprieto.jpg


Na segunda serie, a de maior nivel, impuxeronse os poderosos alemáns e a embarcación española composta por Borja Prieto, Iñigo Peña, Rodrigo Germade e Fran Llera ó ver que non conseguía o acceso directo e xa tiña un oco asegurado na semifinal deixouse ir ata acabar na sexta praza por detrás de Alemaña, Australia, Polonia, Italia e Gran Bretaña.
Na terceira serie calificaban os eslovacos.
Na primeira semifinal pasaron Ucraina de primeira e Dinamarca de segunda, e o outro barco español clasificouse terceiro con sufrimento pois apenas aventaxou en 13 centesimas ó cuarto clasificado Polonia, anque as catro embarcacións chegaron nuns apretados tres minutos e nove segundos.
Na semifinal de Borja España tamén pasou de terceira anque aquí con menos sufrimento pois Australia, Rusia e España pasaron con solvencia e catro segundos de ventaxa sobre o cuarto clasificado, Serbia.
Maña compiten na final os dous botes españois xunto a China, Alemaña, Eslovaquia, Ucraina, Dinamarca, Australia e Rusia.
Tamén clasificaron á final Merchán e Cosgaya en K2 500 metros, quedaron ás portas no K2 1000, especialidade na que foron campións mundiais en 2009. Ás portas da final tamén quedou o K4 500 feminino.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios