Bos resultados para o Sílex no penúltimo trofeo de 2012

Unha nova edición do Trofeo Cidade de Ferro da tempada de sala, que se celebrou no pavillón da Casa do Deporte da cidade departamental o domingo pola mañá. Coa participación de 39 deportistas participando en 9 categorías das que en 4 se proclamarían campión, subcampión e terceiro clasificado.
Por parte do Sílex dous infantís participaron na categoría de cadete como a menor das categorías. Cristina Castro en arco recurvo muller segue a tirar sen medo algún a unhas dianas que todavía non lle corresponden e rematou na segunda praza. Por outro lado Borja Barro participou en arco recurvo cadete homes xunto con Daniel Castro. Daniel entrou no podio na segunda posición mentres que Borja obtivo un bo cuarto posto.
silex_0001.jpg


En arco composto sénior homes, Xaquín Mira segue a medrar e ver resultados do adestramento nesta nova modalidade. Rematou primeiro dos tres participantes cuns bos 575 puntos e case vinte puntos de marxe co segundo clasificado.
Cinco foron os veteráns de arco recurvo home que se deron cita. Pedro Carballo do Lucus Augusti non deu ningunha posibilidade aos demáis, e Adriano Romero do Sílex tívose que conformar coa segunda praza do podio e con máis de 30 puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado.
Por último en arco recurvo sénior homes entraban en liza Miguel Alvariño e Carlos Romero. O primeiro deles sen baixar o nivel que leva amosado en toda a tempada fíxose co posto de campión do trofeo na categoría. 284 puntos na primeira ronda e 294 sobre 300 na segunda deulle máis de 20 puntos sobre o subcampión e 35 sobre o terceiro clasificado, que foi o seu compañeiro de clube Carlos Romero que fixo unha competición moi regular sumando 270 e 273 puntos en cada unha das rondas.
silex_0002.jpg
silex_0003.jpg
silex_0004.jpg
Nova cortesía do Club Sílex

También podría gustarte
Comentarios