Bronce para Borja Barro Barrio no Campionato Galego de Aire Libre na categoría alevín cabaleiro

O pasado domingo día 13 de maio celebrouse o XXI Campionato Galego de Aire Libre das categorías Esquío a Cadete, e o XXVII Campionato Galego Xuvenil. Do Clube Sílex foron 5 compoñentes dos cales 4 participaron en 3 das 6 categorías nas que se puideron proclamar Campións/as Galegos/as por ter polo menos 4 arqueiras/os disputándoa.
En Cabaleiro Infantil Borja Barro Barrio rematou a clasificatoria no 3º posto, podendo así pelexar polas medallas. Perdeu a semifinal, pero foi quen de gañar a eliminatoria pola medalla de bronce. Así que o noso arqueiro quedou 3º clasificado final e medalla de Bronce. Tamén nesta categoría, Antón Blanco Bermúdez non acadou na clasificatoria un posto para poder pelexar nas eliminatorias e rematou nunha digna 5ª posición.
silex1.jpg


Na categoría de Dama Infantil foi Cristina Castro Barcala, quen pasou ás eliminatorias na 4ª praza, podendo tirar as semifináis. Nesta eliminatoria perdeu tendo a opción de tirar a final pola medalla de bronce. No primeiro set desa eliminatoria tivo problemas no material, rompéndolle o reposaflechas. Perdeu os dous primeiros sets mentres se lle arranxaba o contratempo sufrido. Puido ser quen de remontar despois ata poñerse 4-4, ainda que no set definitivo caeu de novo concluindo a competición na 4ª posición.
Por último Daniel Castro Barcala na categoría cadete, chegou ao igual que súa irmá no 4º posto á fase de eliminatorias na que rematou na mesma 4ª posición.
Outra noticia importante para o Sílex foi que coa puntuación acadada por Miguel Alvariño Garcia no doble round a 70, 618 puntos consegue superar a mínima esixida pola FGTA para poder ir subvencionado ao Campionato de España Xuvenil de Aire Libre. Lembrar que no GP Cidade de Boadilla fixo unha puntuación de 592. A media destas puntuacións é de 605 puntos, superando os 600 que a FGTA pon como mínima. Esta puntuación foi a máis alta dos Recurvo Cabaleiro Xuvenil por diante dos outros dous arqueiros que competían con el. Primeiro clasificado sen poder proclamar como campión galego.
silex2.jpg
Nova cortesía do Clube Silex

También podría gustarte
Comentarios