Amigus
As Pontes

C.E. ENSINO IMPARTIRÁ DOUS CURSOS CON CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE NA ÁREA DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

Centro de Estudios Ensino iniciará nos mes de xuño dúas accións formativas enmarcadas no plan AFD.

Centro de Estudios Ensino iniciará nos mes de xuño dúas accións formativas enmarcadas no plan AFD. Estes dous cursos serán totalmente gratuítos xa que están subvencionados polo Fondo Social Europeo, o SEPE e a Xunta de Galicia. Cada curso conta con 15 prazas e as probas de selección para acceder serán o 14 de xuño. Aínda que están dirixidos prioritariamente a desempregados, tamén poden acceder ocupados sempre e cando o seu horario sexa compatible.

O ter un certificado de profesionalidade de nivel 3 os requisitos mínimos de acceso do alumnado son:

– Bacharelato
– Proba de acceso a Ciclo superior
– Proba de acceso a universidade para maiores de 25 ou 45 anos
– Competencias Clave nivel 3
– Certificado de profesionalidade nivel 2 na área de Administración e Xestión.

Os dous cursos contan con titulación oficial expedida pola Xunta de Galicia e polo SEPE de validez Estatal e Europea.

Os cursos son os seguintes:

XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS (808h)
– MF0237_3: Xestión Administrativa de Persoal (210h)
– MF0238_3: Xestión de Recursos Humanos (150h)
– MF0987_3: Xestión de Sistemas de Información e Arquivo (120h)
– MF0233_2: Ofimática (190h)
– MP0078: Prácticas en empresa (120h)

XESTIÓN CONTABLE E XESTIÓN ADMINISTRATIVA PARA AUDITORÍA (648h)
– MF0231_3: Contabilidade e Fiscalidade (240h)
– MF0232_3: Auditoría (120h)
– MF0233_2: Ofimática (190h)
– MP075: Prácticas en Empresa (80h)

Para máis información pode pasar por Ensino (Avda Habana 119 Baixo, 15320 As Pontes) ou chamar ó 981 440 201

También podría gustarte
Comentarios