Cabalgata de Entrodio por Raimundo Carballo

Onte  dia 28 de Febreiro finalizou nas Pontes a troula do Entroido

Onte  dia 28 de Febreiro finalizou nas Pontes a troula do Entroido  que comenzou o pasado sabado con exposicions de camelias e productos ecoloxicos, o domingo dia 26 celebrouse a XXXVII Feira do grelo e pra rematar o Entroido  onte celebrouse un ano mais a cabalgata do Entroido , que a pesar do tempo que amenazaba auga , puidese sair as 5 da tarde diante do Colexio Monte Caxado e  seguindo  pola Avd. Ortuigueira ,Avd de Castelao,Praza do Hospital,Avd. de Galicia,Rosalia de Castro, e a chegada foi no patio do Colexio  de Sta. Maria.Os asistentes este ano tiveron  moito inxenio a hora de crear os seus disfrazes e moi variados dende disfrazes creados de  contos infanties,adan e eva, afiadores,payasos,popeye,dragon etc.                                                                                                

Unha vez rematada a cabalgata entraron na carpa situada no colexio Sta. Maria e ali procedeuse a entregar os premios que estaban divididos por categorias; Categoria Adultos, Carrozas, Grupos de mais de dez persoas, Grupos de tres a cinco persoas, Parellas e Individual e os premios iban dende o primeiro premio en adultos na categoria de carrozas foi de 800 euros, 650 euros para os grupos de mais de dez persoas, 400 euros  para a categoria de grupos de tres a cinco persoas, 200 euros para a categoria de parellas, e de 120 euros  para a categoria  individual. Os segundos premios na categoria de adultos  na categoria de carrozas  foi de 250 euros.

Entre os premiados na categoria de adultos foron premiados Festa dos bailadores con 400 euros, o Circo do Sol con 600 euros e Payaseando  Cariño con 450 euros.   O alcalde de As Pontes Valentin Gonzales e presidente da Diputacion entregou os premios xunto coas concellais Sonia Sueiro ,Ana Pena e Isabel Fornos. e  o encargado de presentar todo o evento foi Xalo Maira  e animando toda a cabalgata estivo amenizada pola agrupacion da Coruña creada no ano  2003 Craranga Mekanika que animou o evento cantando varias cancions.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios