Amigus
As Pontes

CABREIROS HONROU A SANTA MARIÑA

Unha das parroquias máis importantes do concello de Xermade, Cabreiros, celebrou a pasada fin de semana as súas festas patronais adicadas a Santa Mariña, unha das de máis tradición e máis concurridas de toda a comarca. Alí déronse cita nestes tres días de festa centos de veciños, cabreireses residentes fóra do seu terruño e visitantes vidos doutros lugares do entorno.
Os festexos comezaron o venres cunha verbena a cargo da orquestra Delirio. O sábado iniciouse a xornada con bombas de palenque e misa e posterior procesión coas imaxes de San Antón, a Virxe do Carme e a da patroa, Santa Mariña, que lucía un bonito manto de cor vermello con bordados dourados e prateados. A sesión estivo a cargo da orquestra Nevada, de Ourense, que tamén puxo música á verbena xunto a orquestra Marimba.
O domingo repetíronse os actos do sábado, con misa e procesión e música a cargo da orquestra Atlanta.
Santa Mariña Cabreiros


UN POUCO SOBRE CABREIROS
Cabreiros ocupa un territorio duns vinte quilómetros cadrados e conta cunha poboación de 274 habitantes censados en 2009. Ten 21 aldeas e lugares, sendo os máis habitados O Chao (83 habitantes), onde se atopa a igrexa parroquial, San Martiño (46), Leboré (44), A Touza (22), O Reguengo (20), O Empalme (18), Cabreiros (17) e As Cernadas (15). Os outros lugares da parroquia son A Aloulada, A Amosa, A Carballosa, Caschao, A Fraga, Penachaíña, O Rego, O Revellón, O San Vitorio A Touza Vella, O Tumbadoiro e Vilacide.
Limita polo norte con Roupar, ó sur con Candamil e Xermade, ó leste con Lousada e ó oeste con Miraz e O Aparral, parroquia do concello das Pontes. O seu territorio ten unha altura media de catrocentos metros sobre o nivel do mar, aínda que hai cumes que superan os 500 metros, como o Monte Espiño (615 metros), O Coto do Reguengo (561 metros) e a Penachaíña (527 metros).
O río Trimaz, chamado aquí Rego de San Martiño, atravesa a parroquia de norte a sur. Polo norte discorre o río de Porto Souto.
A igrexa parroquial, de construción recente (1983), está no lugar do Chao, á beira da estrada de As Pontes a Vilalba. Hai interesantes cruceiros, case todos construídos a finais do século XIX e principios do XX. Destacan os do Revellón (1898), o do Rego (1909), no camiño de Cernadas ó Tumbadoiro, o de Cabreiros (1948), o de Leboré (1895), o de San Martiño (1906), o da Touza (1894), o do Empalme e o do Chao, situado á beira da igrexa parroquial, sendo o máis antigo da parroquia, pois a súa construción data de 1870.
Tamén hai numerosas medoñas e castros como o de Baxín e o de Vilacide.
SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS
Para a igrexa católica a festividade de Santa Mariña corresponde a Mariña de Augas Santas, virxe e mártir galega nacida no ano 119 na vila de Baiona (antiga Balcagia).
Filla do gobernador romano de Gallaecia e Lusitania, Lucio Castelio Severo, e da súa dona Calsia, quen, segundo a lenda, dá a luz nun só parto a nove nenas mentres o seu esposo estaba ausente. Asustada polo parto múltiple e ante o temor de seren repudiada por infidelidade, manda a unha criada que se desfaga das criaturas afogándoas en secreto no río Miño. A criada Sila, pola súa fe cristiá, decide entregar as nacidas a varias familias cristiás.
Despois dun tempo tiveron que comparecer ante o seu pai acusadas de seren cristiás. Ó saber que eran fillas súas dilles que renuncien á fe cristiá. Foron encarceradas logrando fuxir cada unha polo seu lado. Todas elas acabarían sendo mártires cristiás.
A devoción popular sitúa a Mariña e a súa irmá Liberata mártires na cruz ós vinte anos, o 18 de xaneiro do ano 139 en Augas Santas (Ourense). Quiteria, outra das irmás, morrería na localidade toledana de Marjaliza.
A festa de Santa Mariña de Augas Santas celébrase na igrexa católica o 18 de xullo e a de Santa Liberata o 20 do mesmo mes, día no que trasladaron as súas reliquias dende Sigüenza a Baiona no ano 1515.
Hai outra versión lendaria sobre Santa Mariña, a do bispo de Ourense, Juan Muñoz de la Cueva, a cal non é moi obxectiva. Segundo a lenda, Mariña naceu no ano 123 no lugar de Antiochía, na Baixa Limia, onde era gobernador o seu pai, quen a entregou a unha lugareña de Piñeira de Arcos ó quedar orfa de nai. Foi educada na relixión cristiá e ó decatarse o pai abandonouna e non quixo saber nada dela.
Coidaba dos rabaños e cando tiña quince anos veuna o prefecto romano Olibrio namorándose dela. Quixo casar con ela, pero Mariña negouse, sufrindo unha serie de tormentos, saíndo milagrosamente de tódalas penurias. Finalmente foi decapitada e os cristiáns recolleron o seu corpo sendo enterrada nun lugar próximo, hoxe chamado Santa Mariña de Augas Santas, parroquia do concello de Allariz, cuxa igrexa parroquial foi construída a finais do século XII e comezos do XIII e constitúe un interesante monumento do románico galego de transición.
Santa Mariña é a patroa de Cabreiros e tamén da vila ourensá de Xinzo de Limia. Hai tamén santuarios en Córdoba, e na comarca do Bierzo, como en Santa Marina del Rey e Santa Marina de Torre. Tamén se venera en Santa Mariña do Monte (San Sadurniño) e Santa Mariña do Monte de Fervenza (O Barco de Valeorras).
SANTA MARIÑA DE ANTIOQUÍA
Margarida de Antioquía ou Santa Margarida é venerada na igrexa ortodoxa co nome de Mariña de Antioquía. Naceu en Antioquía, na rexión de Pisidia, sureste de Asia Menor (actual Turquía).
A súa historia noN está demostrada, pero a súa lenda foi descrita polos cruzados. Foi decapitada no ano 304 pola súa fe cristiá baixo a persecución do emperador Diocleciano. É venerada nas igrexas orientais o 17 de xullo.
Cabreiros, 11 de xullo de 2010 (AF)
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Santa Mariña Cabreiros
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios