O día 10 deu comezo a campaña do nadal Merca nas Pontes 2012 que este ano retomará os sorteos semanais durante o mes de decembro. O primeiro dos sorteos xa se celebrará este sábado día 15 en directo, en radio eume sobre as 13.00h e repartiranse trescentos euros en efectivo.
Para que o cliente poida participar, bastará con mercar en calquera dos establecementos inscritos na campaña e a cambio recibirá un boleto que deberá cubrir correctamente co nome, apelidos, número de teléfono e selo do establecemento e depositarse en calquera das urnas dos establecementos participantes ou ben entregalo no local da Asociación de Empresarios e Comerciantes en horario de 9.00 a 13.00 h de luns a venres. Hai que destacar que os boletos que se vaian entregando serán válidos para todos os sorteos que se realicen durante a campaña polo que aínda que o cliente non saia afortunado na primeira semana terá opción nos vindeiros días.
Os establecementos participantes e demais información, pode consultarse na www.mercanaspontes.com ou a través do enlace de www.amigus.org
Lembrar tamén que este ano a campaña ten un obxectivo solidario xa parte dos ingresos recadados irán destinados ao banco local de alimentos contribuíndo así coas familias máis necesitadas da vila.
Novas
- MALENA MIERES FICHA POLO REAL BETIS FÉMINAS
- Teresa Ribera dice que no será necesario reactivar As Pontes “a no ser que haya una acumulación de catástrofes”
- Luz para As Pontes: Bruselas plantea subvencionar la producción con carbón
- La central de As Pontes no se cierra
- Reganosa y EDP se adelantan en la carrera del hidrógeno verde en Galicia
- La central de As Pontes se apaga definitivamente
- La Xunta inicia los trámites para declarar la chimenea de la central pontesa de Endesa Bien de Interés Cultural
- O museo etnográfico das Pontes presenta en xullo o número 4 dos seus cadernos etnográficos adicado á mitoloxía das bisbarras do Eume e Ortegal
- Endesa aplicará en As Pontes planes de cierre probados en tres centrales
- El doctor oculto tras las paredes multiusos de As Pontes
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios