Amigus
As Pontes

FOLIADA FEROZ DO XANELA + OPERACIÓN KILO

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este vindeiro SÁBADO 15 DE DECEMBRO, dende as 12 DA NOITE, o centro do universo estará en Vilalba e todos os poderes festeiros e repichoqueiros concentraranse no PUB XANELA.
Alí arrancará sen billete de volta a FOLIADA FEROZ DO XANELA, cargada coas mellores gaitas, bailares e cantares de toda a redonda.
Foliada-Feroz-do-Xanela.jpg


¿ONDE?
PUB XANELA (Av/ Tierra Llana, 40. Vilalba-Lugo)
¿QUENES?
Os indomables FEROCES DA GALGUEIRA de As Pontes;
A beleza do país labrada cos aires da Terra Chá das PANDERETEIRAS ENTRE LUSCO E FUSCO de Vilalba;
Os espectaculares XENTE NOVA de Ferrol;
e os poderosos MEDIO QUINHÓN de Burela, serán os responsables de prender lume a este akelarre.
¿E QUÉ FAREMOS?
Agardámosvos a todos alí, tocando, cantando e bailando, porque ademáis haberá sorpresas como os concursos de:
– Baile con parella forzosa.
– Aturuxos
– Piropos bravos
E suculentos premios atopados no fondo do faiado que premiarán a xenialidade dos asistentes.
… E MOI IMPORTANTE
Por último, queremos que non vos esquezades da última actividades que sumamos a esta foliada. Unha OPERACIÓN KILO de recollida de alimentos para a xente máis necesitada, feroz iniciativa solidaria para a que tamén pedimos a vosa colaboración.
Aproveitando que as datas de Nadal xa están á porta, e tendo moi en conta os duros tempos que corren, non podemos esquecernos de toda esa xente que o está a pasar verdadeiramente mal; non hai que mirar moi lonxe, son os nosos veciños.
É por isto que pregamos a tódol@s asistentes á Foliada Feroz que traian alomenos 1 kilo dalgún alimento non perecedeiro (pasta, legumes, galletas, sucre, …) e todo o que xuntemos será doado a Cáritas Terra Cha. Eles encargaranse de repartilos.
Foliada-Feroz.jpg
LUSCO-E-FUSCO.jpg
MEDIO-QUINHON.jpg
OS-FEROCES.jpg
XENTE-NOVA.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios