Campionato de España sub15. Galicia 3 Rexión de Murcia 0

Na Primeira Fase do Campionato de España Feminino sub15, a selección galega impúxose esta mañá en Valencia á selección da Rexión de Murcia por 3 goles a 0, tantos anotados pola xogadora do Coruxo Claudia García Iglesias, en dúas ocasións, e Natalia Sánchez Rodríguez, do Cidade de Santiago. As xogadoras pontesas Yaiza Paleo Corral e Patricia Blanco Carballo non foron da partida e viron o encontro dende o banquillo, algo que, sen dúbida, non empaña o enorme mérito da súa convocatoria. Mañá a selección galega finalizará a primeira fase do Campionato co encontro que a enfrontará coa selección local da Comunidade Valenciana, selección que no día de onte tamén venceu ás murcianas por 7 goles a 0.


Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios